> O Martes 09 Setembro 2008 15:16, Miguel Branco escribiu:
>> Hyphen en inglés, "Hífen" en portugués, é "guión", o signo ortográfico "-"
>> .. Para os que sigan a norma AGAL hifen sería o correcto en galego.
>
> "trazo", por favor, hífen acáeseme
>> Porén
>> a nova normativa chámao sempre "guión" e o VOLGA non di nada ó respecto así
>> que eu atéñome a iso. Fixen a tradución "hyphen > guión " "hyphenization >
>> separar con guións (a separación silábica que se fai o cambiar de liña)".
>> Nótese que "guionizar" existen en galego pero cun significado diferente.
> Si, son as regras se separación silábica, en concreto para saltos de liña.

Ou sexa que é iso de separar por sílabas, non?

> @LEANDRO: Acerca das páxinas de manual, coreutils o último tradutor que tivo
> foi Jacobo en 2002 (iso é o que me di o descompilado do coreutils.mo), ao
> mellor el sabe algo máis. A páxina traducida de aptitude está polo seu
> estilo, así que se debe poder informarte de algo.

Si, pode que teña algo que dicir. Xa falei co mantedor do coreutils e
díxome que traducindo no TP o ficheiro tamén se traducirian as páxinas
man. Estou a ver como se manda un correo físico, e non, non teño
vergoña ningunha por non saber como se envía unha carta por correo
ordinario... por certo, se alguén ten información ó respecto pode
comunicarma.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a