> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/default > > Nunca preghuntei isto antes, pero en KDE temos un taco montado con isto > impresionante, algunha das tres é incorrecta?.
"Por defecto" non é correcta, a súa utilización no canto de "por omisión" é un barbarismo así de gordo. Ademáis é incorrecta no sentido de que non hai nada imperfeito, inferior en cualidades, con tacha nen con falla en deixar un parámetro tal como ven de serie. "Predeterminado" procura empregalo como adxectivo: "A acción predeterminada" "por omisión" procura empregalo como complemento circunstancial de modo: "Farase por omisión" >En Gnome emprégase > 'predeterminado', entendo que esta fçormula ten o "beneplácito dos > lingüístas". No oo.org emprégase "predefinido" e tamén pasou por profisionais, aínda que fose antes co gnome. Agora ben, se está o valor predefinido pode ser o que tiña unha opción antes de trocala/mudala/alterala/modificala/et coetera, e se ese anterior xa foi estabelecido polo usuario, non ten por que se o que valor que ten "de serie", simplesmente é o valor previo.

