mvillarino escribiu:
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/default

Nunca preghuntei isto antes, pero en KDE temos un taco montado con isto
impresionante,  algunha das tres é incorrecta?.

"Por defecto" non é correcta, a súa utilización no canto de "por
omisión" é un barbarismo así de gordo. Ademáis é incorrecta no sentido
de que non hai nada imperfeito, inferior en cualidades, con tacha nen
con falla en deixar un parámetro tal como ven de serie.


Vaia! pois temos que mudar o glosario de trasno

default

 1. adx. por defecto
 2. adx. por omisión
 3. adx. predeterminado
 4. adx. predefinido
Manda truco e eu estiven a mudar o "predeterminado" por "por defecto" no joomla!



"Predeterminado" procura empregalo como adxectivo: "A acción predeterminada"
"por omisión" procura empregalo como complemento circunstancial de
modo: "Farase por omisión"


En Gnome emprégase
'predeterminado', entendo que esta fçormula ten o "beneplácito dos
lingüístas".
No oo.org emprégase "predefinido" e tamén pasou por profisionais,
aínda que fose antes co gnome. Agora ben, se está o valor predefinido
pode ser o que tiña unha opción antes de
trocala/mudala/alterala/modificala/et coetera, e se ese anterior xa
foi estabelecido polo usuario, non ten por que se o que valor que ten
"de serie", simplesmente é o valor previo.


abur

Responderlle a