Proposta:

Service pack > paca de actualizacións
Dependence package > dependencias de paquete

====


Comento o tema, porque ten a súa complexidade.

Leandro Regueiro apuntaba moi ben no sentido de que pode ser útil diferenciar entre pack e package. Ou cando menos ter alternativas.

Ambos termos son diferentes en inglés, de modo que non se vai referir ao mesmo cando teñamos que traducir "service pack" e "package dependences". A tradución espontánea lévanos a dicir sempre "paquete" e iso non resulta moi atinado porque en "service pack" falamos dun conxunto, un feixe, mentres que en "package dependences" falamos claramente dun único obxecto e das súas relacións con outros obxectos. É

No entanto, aínda que en inglés poidan ser cousas diferentes en galego pode quedar aclarado polo contexto, xa que "paquete" ten varios sentidos desde sempre (tanto en inglés coma en galego e tampouco non se traduce igual se se trata dun substantivo ou dun verbo. Nós estamos aquí co valor de substantivo).

[en] Package: http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=package&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta [en] Pack: http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=pack&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta

[gl] Paquete: Cousa ou conxunto de cousas envoltas xuntas e que forman un conxunto [gl] Fardo :Obxecto ou conxunto de obxectos envoltos e atados, preparados para transportar.
        [gl] Paca: Paquete compacto
        

Un exemplo práctico:
        Paquete de medidas, indica pluralidade de cousas
        Paquete de cigarros, indica un único obxecto plural ou colectivo

É dicir, hai palabras en inglés que cómpre traducir por dúas diferentes en galego segundo o caso porque se refiren a significados diferentes que nos diferenciamos con palabras diferentes; tamén hai casos en que dúas palabras ou dúas acepcións diferentes en inglés caben nunha galega porque para nós esa palabra ten tamén acepcións diferentes; segundo caso entendemos a diferencia.

Por iso, en conclusión, propoño especializar un sinónimo de "paquete" para o caso do inglés "pack". Así teriamos dúas palabras sen romper a estrutura semántica do galego. Se vos fixades nas definicións, a virtude de "paca" fronte a "fardo" é que este último ten demasiada connotación de embalaxe ou mercadoría mentres que paca non, á parte de que "paca" ten o sentido de "compacto" é resulta relacionable formalmente con "pack".

É un caso parecido ao de "block" e "lock" que poderiamos traducir por "bloquear" e "trabar" respectivamente.

Unha idea, un pouco dura, ben o sei:

Pack > paca (sinónimo de paquete). O que nos levaría a "paca de actualizacións" seguindo a tendencia deste fío de discusión.

Alternativamente: empaquetado, fardo, feixe, conxunto, colección, bulto, embalaxe.

Package > paquete
*pacote non está admitida como normativa e considérase un lusismo (esa terminación -ote é moi excepcional).


En portugués tamén distinguen:

package > pt. pacote
pack > pt. embalagem

Responderlle a