2008/11/1 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> Non puiden ir, máis iso non quita que siga a ser o tocapelotas
> entremetido que son, e como son algo bocas, aló vai a miña aportación
> ex-post (que sempre é máis sinxelo):
> Nota: non vai contra ninguén. Se alguén se quer dar por ofendido, que
> sexa Baleato ;-)
>
> O voluntariado (ultimamente non me sae a palabra "comunidade")
> tradutor de software libre ao galego acha unha serie de dificuldades
> que, quitándolles os nomes dos proponentes podemos expresar como:
> chegamos até onde nos permiten as ferramentas, e existe unha sombra en
> formación da opinión de que aquelo que podan aportar as ferramentas de
> tradución para non precisar de coordinadores será positivo (onde
> coordinador é o voluntario que ademais de traducir anda ás ostias coas
> infraestruturas para desenvolventes, nomeadamente os VCS).
> Adicionalmente, as ferramentas fallan en certos pontos que se fixeron
> notar, se ben precisamente estas anotacións mostran tamén unha falla
> na formación do voluntariado.
> Os pontos nos que as ferramentas nos abandonan (que non abandoan, que
> é algo que se lles fai ás misses cando reciben o premio), son na
> corrección de textos (proofreading) en sentido amplo: corrección
> ortográfica, gramatical, glosarial, e semántica, e homoxeneidade na
> expresión.
> Neste senso hai que mellorar (e non pouco) na formación referente á
> utilización das CAT, dado que algunha das deficiencias sinaladas pode
> porse en entredito, por exemplo a integración do SCV na CAT (nota:
> adicionar wordforge á listaxe de cat, xunto con olt e lokalise), a
> consulta ao vivo de traducións en outros idiomas (está en kbabel
> através do po-auxiliar, aínda que só para un idioma auxiliar á vez).
> No da correción gramatical xa é máis complicado, aínda que
> _teoricamente_ poderíamos telo en kde (vale, en calquera, pero o
> pology está nos repostorios de kde). Resulta que hai un filtro do
> pology que permite pasarlle un corrector gramatical aos ficheiros,
> agora ven, resulta que a infraestrutura que emprega non ten
> disponíbeis os ficheiros que descreben a gramática do galego. E aquí
> chegamos á chave das noces: que sistemas de comprobación gramatical
> teñen descrito o galego?
> [OT]O pology é unha cousa moi boa que se pode achar en l10n-support.
> Ai! cando eu tiña portatil dáballevos moito uso!
> Ah! si, fai falla un lugar con bitácoras/blog/blogues para os membros
> de trasno (con posibilitade de deixar en petit-comité ou pasar a
> portada)

Se montamos a asociación dunha vez, Jacobo pásanos o control do
tinglado  e podemos montar o que nos pete. Non era así?

> Cona! acabo de baixar un pouco no ficheiro anexo de Baleato, para ler
> as cousas das empresas estas e xúrdenme dúbidas:
> -Que diferenza hai entre un foro para difundir as oportunidades de
> negocio e sinalar que contratos, a que empresas, e por cais importes?
> -A integración dos estándares está en camiño, polo menos da banda de
> Shafforo e de pootle, e o Hunspell xa é desde hai uns meses a
> infra-infra-estrutura ortográfica das últimas versións dos dous
> escritorios libres principais.
>
> nota: para quen desexe entreterse un pouco con pootle:
> http://www.pcbsd.org:8080/ (é lento de carallo, aviso)

Se mal non lembro hai mais servidores deses na páxina do pootle.

> Mágoa non ter máis tempo. A vindeira en fin de semana. Vémonos na akademy-es

Deica.
                   Leandro Regueiro

Responderlle a