A conto dos comentarios que fixéchedes algúns -ou estades a facer- respecto das preferencias, viume á mente unha pregunta:
Como funciona o glosario de Trasno? Como se decide que palabra/forma é a recomendada? Porque penso que nos casos como fiestra (xanela, ventá) e -ble/-bel, poderiamos simplemente facer unha votación entre os de Trasno, e que aparecesen no glosario nunha certa orde en función dos votos. E quizáis en casos coma os mencionados habería que quitar o de "(recomendado)", xa que o certo é que nos citados casos todos os termos son correctos, e o uso dun só deles empobrecería as traducións (isto xa é opinión persoal).

