2008/11/3 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> A conto dos comentarios que fixéchedes algúns -ou estades a facer- respecto 
> das
> preferencias, viume á mente unha pregunta:
>
> Como funciona o glosario de Trasno? Como se decide que palabra/forma é a
> recomendada?

Ponse como recomendada cando varios (e bastantes ademais) din que a
prefiren á outra tradución.

> Porque penso que nos casos como fiestra (xanela, ventá) e -ble/-bel, 
> poderiamos
> simplemente facer unha votación entre os de Trasno, e que aparecesen no
> glosario nunha certa orde en función dos votos. E quizáis en casos coma os
> mencionados habería que quitar o de "(recomendado)", xa que o certo é que nos
> citados casos todos os termos son correctos, e o uso dun só deles empobrecería
> as traducións (isto xa é opinión persoal).

Non empobrece as traducións porque os tradutores sempre fan o que lle
peta. Por esa razón poñemos todas as opcións que coñecemos. Ademais a
veces algunhas traducións non valen para tódolos contextos e por iso
recomendamos outra para evitarlle romper a cabeza ós tradutores novos.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a