Finalmente estiven conversando algo con Denís o outro día, e resulta que igual é mellor por un lado ter unha mascota (o trasno), e por outra banda ter un logo simple.
Por certo, moi chulas as imaxes esas. Ata logo, Leandro Regueiro 2008/11/8 damufo <dam...@gmail.com>: > Boas: > > Envíovos esta proposta de logo (esbozo?) a ver que vos parece. > Non cumpre as características dun bo logo (polo complicado). > Anexo tamén a imaxe na que me ispirei (martina) e outra que tampouco me > disgusta o estilo. Por se alguén se anima a facer outra proposta. > > Con respecto ao de inspirarme, non sei se se pode considerar plaxio, non é a > miña intención. Non teño nin idea o diferentes que teñen que ser para que > non se considere plaxio. Se é así podo facer cambios para que difiran máis, > tratando de non perder a esencia. > > A mensaxe vai por privado e cos destinatario visibeis adrede. > > Saúdos > > -- > damufo > >