Ola, acaban de rematar as xornadas para noveis. Hoxe só viu un tio así que hoxe non falei, pero onte viñeron sobre unhas vintecinco ou trinta persoas, ainda que a xente tiña cara de estar asustada. Desgraciadamente gravaron un vídeo, así que en canto o colguen na sección de material das xornadas do gpul, xunta cas transparencias e mailas notas, habedes poder rir de min.
Ata logo,
Leandro Regueiro

