Ola,
envio esta mensaxe debido a que traducindo o Inkscape o outro día (si,
retomei o traballo) resulta que me decatei de que a xente traduce
"grid" como lle peta. Vin "enreixado", "grade". "grella" e eu uso
"reixa". Só nos falta "malla". Supoño que o propio sería definir unha
tradución recomendada para este caso.

Ademais unha pregunta un pouco fóra de tema para a xente de
Mancomun/Tagen Ata: a tradución do Gimp foi revisada e pódese tomar
coma base para o do Inkscape, non?

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a