2008/11/11 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> 2008/11/11 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
>> Habemus presentación na akademy... e taller de localización (xa sabes Marce,
>> vai pensando con que entreter á xente, ;) )... e si, puiden escoller un 
>> título
>> menos rimbombante pra expo... pero non é o meu estilo, LOL.
>
> Vale, co-autor!
>
> Tes pensado algo dos contidos?
> A min o que se me acorre é coller o resumo da reunión esta á que
> fostes (g11n-2) e combinalo cunha sesión ordinaria de traballo,
> facendo que mais ou menos haxa que elaborar unha bbdd coas traducións,
> empregar un ficheiro auxiliar, e pesquisar información na rede.
> E todo isto con kbabel, que aínda non emprego kde4. Supoño que tu
> poderías facer o mesmo con lokalise. Ou termos un portatil con 2
> sesións abertas (a túa e a miña).
> Iso xa o veremos.
>
> En principio o único material que teño pensado empregar son mapas de
> ideas do kdissert (por iso de pasálos a outro formato), e talvez
> algunha nota.

Eu estarei por alí para dar apoio emocional, e para non ver tan
baleira a sala :)

Eu pensara que a idea do obradoiro era iniciar de forma práctica a
algunhas persoas interesadas nisto da tradución, o que igual non lle
viña mal a tradutores novos e non tan novos. Serviria como intercambio
de experiencia, e como un posible principio para ese hipotético
material para novos tradutores...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a