2008/11/11 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> On Tue, Nov 11, 2008 at 4:51 PM, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
>> 2008/11/11 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>> Quen garda sempre ten,
>>>>    
>>>> http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf
>>>> e quen foza sempre atopa!.
>>>
>>> Si, moito debiches ter que fozar. É incrible a de cousas útiles que
>>> imos atopando. Igual hai que refacer esa lista de recursos que me
>>> parece que é máis pequena do que deberia. Por certo, corrixinvos as
>>> ligazóns ás estatísticas de KDE.
>>
>> Ten erros nos xentilicios:
>> Burela (de onde escrebo) => Burelao
>> Valadouro => Valeco / Valego (e non é despectivo)
>
> Vale, onde engadimos isto ós recursos na rede? Non vexo unha sección
> para estas cousas. Igual non estaba de mais poñer unha sección sobre
> as normas actuais do galego.

Estiven remexendo no sitio ese, e definitivamente non sei como demo
atopaches ese recurso.

Outra cousa, vendo que teñen unha chea de glosarios sobre internet e
todo isto, se montamos uns recursos comúns, e temos un sistema para
manter varios glosarios de forma sinxela, podiamos incorporar todos
eses recursos. Despois só nos faria falta conseguir que os programas
de tradución poidan consultar todos eses glosarios dunha tacada.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a