2008/11/11 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>>>> Quen garda sempre ten,
>>>>>>    
>>>>>> http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf
>>>>>> e quen foza sempre atopa!.
>>>>>
>>>>> Si, moito debiches ter que fozar. É incrible a de cousas útiles que
>>>>> imos atopando. Igual hai que refacer esa lista de recursos que me
>>>>> parece que é máis pequena do que deberia. Por certo, corrixinvos as
>>>>> ligazóns ás estatísticas de KDE.
>>>>
>>>> Ten erros nos xentilicios:
>>>> Burela (de onde escrebo) => Burelao
>>>> Valadouro => Valeco / Valego (e non é despectivo)
>>>
>>> Vale, onde engadimos isto ós recursos na rede? Non vexo unha sección
>>> para estas cousas. Igual non estaba de mais poñer unha sección sobre
>>> as normas actuais do galego.
>>
>> Estiven remexendo no sitio ese, e definitivamente non sei como demo
>> atopaches ese recurso.
>>
>> Outra cousa, vendo que teñen unha chea de glosarios sobre internet e
>> todo isto, se montamos uns recursos comúns, e temos un sistema para
>> manter varios glosarios de forma sinxela, podiamos incorporar todos
>> eses recursos. Despois só nos faria falta conseguir que os programas
>> de tradución poidan consultar todos eses glosarios dunha tacada.
>
> Vale, xa o atopei :) O da lista de paises e todo iso é ouro puro. Xa
> podemos poñernos ca lista de paises, etc. O que me pregunto e se tendo
> iso realmente ós da TVG lles fai falta a lista esa pola que soltaron
> tantos cartos 
> http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=339363

Por poñer máis recursos tamén temos algúns na SNL da UDC
http://www.udc.es/snl/index.html

Ata logo,
                        Leandro Regueiro

Responderlle a