Ola,
estiven mirando o tema do glosario, de como pasalo a TBX e todo iso, e
vin que o estándar TBX da moito máis do que realmente necesitamos, e o
subestandar TBX-basic igual non é dabondo para todo o que queremos.
Pero primeiro hai que definir como é o glosario que nos fai falta a
todos e despois intentar facelo cun subconxunto de TBX. Non sei
exactamente que cousas queredes reflexar no glosario, pero eu estou
facendo a miña propia proposta. Agardo ideas sobre todo por parte de
mancomun e das empresas, que igual son os que máis poden aportar, e
gustariame falar con Antón do tema este para saber que pensa el do
tema.

Por certo, vin que o glosario de mancomun ten moitas mais entradas có
de trasno, pero non trae informacion de contexto nin nada parecido.
Tamen me decatei de que o glosario de trasno non ten unha estrutura
ben definida e estandarizada.

Coméntovos de pasada que falei o outro dia con Nacho de facer un
pequeno programa para xestionar glosarios en local, que se todo vai
ben, cun pouco traballo seria facilmente convertible nun servidor tipo
open-tran (pero sen coller o material de diferentes repositorios,
senón colléndoo dunha base de datos na que os termos se incluen usando
unha interface do mesmo servidor) e tamén facilmente adaptable para
incluilo nos diferentes programas de tradución.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a