>> Pero primeiro hai que definir como é o glosario que nos fai falta a
>> todos e despois intentar facelo cun subconxunto de TBX. Non sei
>> exactamente que cousas queredes reflexar no glosario, pero eu estou
>> facendo a miña propia proposta. Agardo ideas sobre todo por parte de
>> mancomun e das empresas, que igual son os que máis poden aportar, e
>> gustariame falar con Antón do tema este para saber que pensa el do
>> tema.
>
> Pois até onde eu sei, Lokalise ten a funcionalidade de glosario, e
> utiliza un formato ISO para iso, e pola rede aparece como que é tbx.

Si TBX, e non TBX-basic, é estándar ISO.

> @Miguel: Esta é unha desas cousas que hai que levar +- preparadas para
> o obradoiro. Eu non teño posibilidade de instalar kde4 por agora, así
> que deberíamos contar co teu portatil para servir de "relator". O meu
> pode valer, para cousas máis pontuais, pero con kbabel.

Deixarédesme fedellar un pouco co lokalize e co kbabel, non?

> Segundo está documentado, o funcionamento é algo así como: activar o
> glosario, sinalar no msgid un texto, procurar no glosario, escoller
> unha entrada nel e inserila no msgstr. As entradas no glosario poden
> ser palabras, frases feitas e phrasal verbs, ou expresión habituais
> ("By enabling this ...."
>
> Xa que logo, como é o glosario que preciso? pois como o que manexa o lokalise.

A ver, non estou falando do software, (agora mesmo, nun futuro
falaremos diso) senon de que cousas precisamos no glosario, ou sexa
que estructura vai ter, xa que o estándar TBX ofrece moitisimo máis do
que nós imos usar nunca (sen ir máis lonxe zona xeográfica de uso por
exemplo), asi que vexo imperativo empezar a definir que demo é o que
nos fai falta para definir o subconxunto de TBX que imos usar. Unha
vez decidido iso poderemos comezar a fedellar co software.

@quen_o_saiba
Estiven mirando o maldito estándar TBX (o completo) non moi polo
miúdo, pero non sei exactamente como poderemos facer certas cousas,
por exemplo:
* poñer que é un barbarismo/castelanismo/lusismo/anglicismo/hipergaleguismo
* no caso de termo que pode ser verbo ou substantivo, poñémolos como
dúas entradas separados (exemplo "archive" no glosario de trasno) ou
xuntos (caso de "timestamp" no mesmo glosario)
* o que nós denotamos por termo en inglés (alias por exemplo) ten que
ir na altura do termEntry ou na altura dun langSet.
* no glosario de trasno temos o de verbo intransitivo/transititivo que
non sei como poñelo (ainda que eu nunca usei isto)

por outra parte temos soporte para:
* indicar varias traducións
* indicar traducións non recomendadas (valerá isto para
castelanismo... usando ademais unha nota??)
* referencia a outros termos do glosario (véxanse tamén tal, tal e tal)
* comentarios de varios tipos ("ter en conta que extensión é con x")
* indicar atallo de teclado recomendado
* indicar abreviatura e/ou forma curta (Estados Unidos de Norteamérica
(forma longa), Estados Unidos (forma acurtada), EUA (abreviatura))
* indicar se é verbo, preposición, substantivo
* indicar xénero
* indicar número (plural, singular)
* referencias externas (imaxes, artigo da wikipedia...)
* indicar contexto e todo iso (pero á altura do termEntry e non estou
totalmente seguro de se o termo en inglés noso vai aí ou dentro dun
langSet, caso este último no que se nos complicaria a vida)

Ainda estou revisando tódolos usos que se deron no glosario de Trasno,
para atopar inconsistencias (tipo "archive" en entradas separadas vs
"timestamp" todo na mesma entrada) e ver se iso se pode facer co TBX e
como. Hai certas cousas, coma a entrada de "gesture" que non entendo
moi ben, quen foi o que o fixo así e que, se pode, me explique o
significado.


> Unha curiosa característica desté é que, afaik, o glosario debe ser un
> ficheiro local. Isto habería que modificalo para que estivese acesíbel
> mediante un kioslave (obtelo por svn, ftp ou semellante).

Si. Eu diso non sei, pero supoño que facilmente poderemos enlear a
alguén na akademy para que se ofreza voluntario. Pero antes de nada
haberá que ver como facemos ese "servidor de terminoloxia".

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a