Boas,
nada, que cheguei a casa do choio e tiña que me poñer a estudar ABE pero non
me apetecía, así que dinlle voltas ó do logo e estiven pensando nu logo que
fora simple, estilo profesional... así que decidín xogar co identificador do
galego engadindo un punto { .gl }. Non me parei moito, que se lle poden
engadir capas para dar efectos... só é un bosquexo. Véxolle dúas vantaxes ó logo, que é fácil de reproducir e é escalable (vese fácil co inkscape se lle dades a e - sucesivamente) pero tamén lle vexo dous defectos, que é un logo vertical e que o texto é malo de encaixar. Veña, agora as criticas e propostas alternativas (q xa hai algunha), :)
<<attachment: ologodostrasnos.svg>>
ologodostrasnos.pdf
Description: Adobe PDF document

