Outra máis proposta máis de logotipo para trasno.

Xabier Villar escribiu:


2008/11/24 Miguel Branco <bandu...@gmail.com <mailto:bandu...@gmail.com>>

    Boas,

    nada, que cheguei a casa do choio e tiña que me poñer a estudar ABE
    pero non me apetecía, así que dinlle voltas ó do logo e estiven
    pensando nu logo que fora simple, estilo profesional... así que
    decidín xogar co identificador do galego engadindo un punto { .gl }.
    Non me parei moito, que se lle poden engadir capas para dar
    efectos... só é un bosquexo.

    Véxolle dúas vantaxes ó logo, que é fácil de reproducir e é
    escalable (vese fácil co inkscape se lle dades a e - sucesivamente)
    pero tamén lle vexo dous defectos, que é un logo vertical e que o
    texto é malo de encaixar.

    Veña, agora as criticas e propostas alternativas (q xa hai algunha), :)


Está xenial! Se me permites fuchicar no teu traballo, eu escollería o tipo de letra menos formal, e probaría a cambiar algo disposición para facelo menos alto... aínda que me gusta mais a disposición orixinal. As cores xa écuestión de xogar e de gustos
Por se serve de aportación :)

--

Xabier Villar

<<inline: logotipo_trasno.png>>

<<inline: logotipo_trasno.svg>>

Responderlle a