>> Eu son dos que votaria por manter "proxecto trasno" xa que é como nos
>> coñece a xente e o ".net" fóra porque calquera dia cambiamos de
>> dominio e ademais penso que queda fatal.
>
> certo, en calquera momento podemos cambiar de dominio. O problema co de
> 'proxecto trasno' é só á hora do logo... pero haberá que buscar maneira de o
> o encaixar xq o de 'proxecto' penso que define moi ben 'o que somos'

Igual xuntando todo e usando camelling case...

>> Polo de agora o que máis me gustou foi o primeiro de Miguel Branco, no
>> segundo o logo parece borroso e ten cores mais frias.A min gustanme
>> mais as cores claras, ben definidas e puras, e cálidas, ainda que isto
>> non quita un contraste entre cálidas e frias.
>
> pois douche a razón. o 1º é máis limpo. O segundo vese borroso xq inda lle
> teño que eliminar o exceso de blur fóra dos trazos do logo e máis refinar as
> cores para obter un mellor efecto de volume. Tampouco serían ambas versións
> contraditorias: o 1º é máis escalable e ben pode ser empregado para versións
> reducidas do logo ou impresións de baixa calidade, e o 2º estar pensado para
> posters e outras enmaquetacións que necesiten unha boa definición. Isto
> pasa, ie. co logo de KDE, do que hai varias versións escaladas: as pensadas
> para pouca resolución non levan determinadas capas...

Certo. Igual conviña ter varias versións se é que non nos decantamos
por un logotipo sinxelo e de cores puras.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a