O Wednesday 26 November 2008 13:45:21 Leandro Regueiro escribiu: > Eu son dos que votaria por manter "proxecto trasno" xa que é como nos > coñece a xente e o ".net" fóra porque calquera dia cambiamos de > dominio e ademais penso que queda fatal.
certo, en calquera momento podemos cambiar de dominio. O problema co de 'proxecto trasno' é só á hora do logo... pero haberá que buscar maneira de o o encaixar xq o de 'proxecto' penso que define moi ben 'o que somos' > Polo de agora o que máis me gustou foi o primeiro de Miguel Branco, no > segundo o logo parece borroso e ten cores mais frias.A min gustanme > mais as cores claras, ben definidas e puras, e cálidas, ainda que isto > non quita un contraste entre cálidas e frias. pois douche a razón. o 1º é máis limpo. O segundo vese borroso xq inda lle teño que eliminar o exceso de blur fóra dos trazos do logo e máis refinar as cores para obter un mellor efecto de volume. Tampouco serían ambas versións contraditorias: o 1º é máis escalable e ben pode ser empregado para versións reducidas do logo ou impresións de baixa calidade, e o 2º estar pensado para posters e outras enmaquetacións que necesiten unha boa definición. Isto pasa, ie. co logo de KDE, do que hai varias versións escaladas: as pensadas para pouca resolución non levan determinadas capas...

