Olá, Votádelle unha ollada a http://l10n.kde.org/stats/gui/stable-kde4/toplist/ As grazas de semellante logro debemos darllas a Sara Barreiro Riveiro e Miguel Solla, que tiraron o obstáculo que nos quitaba de completar 4.1: os sons de ktuberling !. Isto é histórico(*).
Agora a parte negativa: 4.2 http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/toplist/ 5 000 mensaxes por traducir. A data de publicación será aproximadamente o último luns de xaneiro do 2009, isto é, só hai sete (7) fins de semana polo medio. Destaca aquí que: -KOffice ten unhas 500 ut incompletas. Non sei cando sae, pero será máis ou menos á vez, -Kdevelop e kdevplatform mostran grandes aumentos (este último módulo recén criado), debido a que van estando listos diferentes extensións das funcionalidades básicas dun IDE. Esto dándolle a isto. -Kdeedu: outra barbaridade, con 1100+ ut ás que darlle cariño, sobretodo a step, kstars e kalzium. E tamén á documentación, que está a medio acabar. Ea, a darlle, que nos colle o tren! (*)Nota: en realidade deberíamos estar no 5º posto, pero o algoritmo ordena á parte de por número de mensaxes por orden alfabética dos idiomas. -- Best regards, MV

