Ola, teño a dúbida de como se traduce. Segundo a Wikipedia http://en.wikipedia.org/wiki/N/A pode ser a abreviatura de "not applicable" e tamén de "not available". O Wiktionary da outras opcións adicionais http://en.wiktionary.org/wiki/n/a
Consultando no open-tran http://gl.en.open-tran.eu/suggest/n/a vexo que se traduciu maioritariamente coma "n/d" pero no OpenOffice traduciuse coma "n/a" así que non me queda moi claro. Vós cal pensades que debe ser a tradución? Ata logo, Leandro Regueiro

