>> Ola,
>> teño a dúbida de como se traduce. Segundo a Wikipedia
>> http://en.wikipedia.org/wiki/N/A pode ser a abreviatura de "not
>> applicable" e tamén de "not available". O Wiktionary da outras opcións
>> adicionais http://en.wiktionary.org/wiki/n/a
>>
>> Consultando no open-tran http://gl.en.open-tran.eu/suggest/n/a vexo
>> que se traduciu maioritariamente coma "n/d" pero no OpenOffice
>> traduciuse coma "n/a" así que non me queda moi claro.
>>
>> Vós cal pensades que debe ser a tradución?
>
> Pois supoño que se usará segundo o contexto. Quedaría pois ó criterio do 
> tradutor,
> en función do contexto.
>
> O que si observei foi a notación que se usa en castelán: "n.d." e "n.a."

Pois estamos aviados, xa que non teño contexto. Respecto ó de se é con
puntos ou con barras supoño que haberá que aclaralo e poñelo na guía
de estilo (e no glosario).

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a