2009/3/9 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>:
>> Perdón, enviei a mensaxe sen querer antes de rematar:
>>
>> Nome de servidor (13xKDE + 4xGNOME + SUSE + 4xOpenOffice.org) = 22
>> Nome do host (18xGNOME + KDE + SUSE) = 20
>> Nome da máquina (4xKDE + 2xDebian + 10xSUSE) = 16
>> Servidor (12×KDE + GNOME) = 13
>> Nome de anfitrión (4xGNOME) = 4
>> Nome (2xKDE + GNOME) = 3
>> Máquina (KDE) = 1
>> Nome de equipo (GNOME) = 1
>> Nome de posto (SUSE) = 1
>> nomeservidor (OpenOffice.org) = 1
>> Hostname (KDE) = 1
>>
>>
>> No glosario de Mancomun recomendase "nome do host" o que non me parece
>> moi axeitado. Eu tiraria mais por "Nome de máquina" ou "Nome de
>> servidor" e marcaria coma non permitida "Nome de anfitrión" e "Nome de
>> host".
>
> No caso da virtualización, teño escoitado falar de anfitrión referíntose ao
> sistema operativo sobre o cal está o sistema que virtualiza outro sistema. Eu
> o considero máis axeitado que host.
Moi certo, non considerara esa posibilidade. Entón para ese ámbito
deixamos esa tradución, pero non se debe usar fóra dese ámbito da
virtualización.
> Por outra banda, eu, se non traducise Servidor (o que adoito facer porque o de
> nome acostuma sacarse sempre do contexto), poría Nome d_o_ servidor. Son o
> único?
Quizais non o debin ter feito, pero cando xuntei os resultados non
diferenciei entre "nome de servidor" ou "nome do servidor" e cando
xuntei todo quedou así. O mesmo pasou con "nome da máquina", cadroulle
quedar así. A verdade é que esa diferenciación non a vexo moi clara.
Ata logo,
Leandro Regueiro