O Luns 09 Marzo 2009 17:42:24 Leandro Regueiro escribiu:
> Servidor   (58xKDE + 39xGNOME) = 97
> Máquina    (16xKDE + 2xGNOME + XFCE + 7xSUSE) = 26
> Host       (21×GNOME + KDE + SUSE) = 23
> Equipo     (6xGNOME) = 6
> Anfitrión  (4×GNOME) = 4
> Posto      (SUSE) = 1
>
> O glosario de Mancomun recomenda "host"; o glosario de Trasno
> recomenda "máquina" e "servidor".
Dacordo. Pero en Linux a mesma máquina pode ser tanto cliente coma servidor. 
Entendo que o nome do host fai referencia ao nome do sistema local (o terminal 
usado). Nembargantes, non propoño termiñal porque deberiamos distinguir 
cando se refere a un termiñal físico ou a un virtual (VT), o que simplemente 
xeraría confusión.

Entendo que "servidor" só pode traducir a "server". No resto dos casos, 
debérase optar, na miña opinión, por "máquina", para non supor o papel de 
servidor ou cliente (ou incluso estación de traballo illada) da máquina en 
cuestión.

Así, temos:

localhost: máquina local
hosts deny: máquinas non autorizadas
hosts allow: máquinas permitidas
hostname: nome da máquina.
hosts: máquinas.

> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a