Karl García Gestido escribiu:
O Luns 09 Marzo 2009 17:42:24 Leandro Regueiro escribiu:
Servidor (58xKDE + 39xGNOME) = 97
Máquina (16xKDE + 2xGNOME + XFCE + 7xSUSE) = 26
Host (21×GNOME + KDE + SUSE) = 23
Equipo (6xGNOME) = 6
Anfitrión (4×GNOME) = 4
Posto (SUSE) = 1
O glosario de Mancomun recomenda "host"; o glosario de Trasno
recomenda "máquina" e "servidor".
Dacordo. Pero en Linux a mesma máquina pode ser tanto cliente coma servidor.
Entendo que o nome do host fai referencia ao nome do sistema local (o terminal
usado). Nembargantes, non propoño termiñal porque deberiamos distinguir
cando se refere a un termiñal físico ou a un virtual (VT), o que simplemente
xeraría confusión.
Entendo que "servidor" só pode traducir a "server". No resto dos casos,
debérase optar, na miña opinión, por "máquina", para non supor o papel de
servidor ou cliente (ou incluso estación de traballo illada) da máquina en
cuestión.
Así, temos:
localhost: máquina local
hosts deny: máquinas non autorizadas
hosts allow: máquinas permitidas
hostname: nome da máquina.
hosts: máquinas.
por min vale
Ata logo,
Leandro Regueiro
Saúde!!