Veña, oh! Non me veñas con caralladas! Veña, ho! Non me veñas con caralladas!
Se ben houbo un tempo en que usei ho, ultimamente uso oh. O caso é que un amigo viu unha tradución que fixen con "Oh" (no Wormux, coido), e díxome que estaba mal, que era "Ho" -a lóxica sería que "ho" ven de "home", "Veña, home!"-. Alguén sabe se a normativa especifica que forma usar? Cal usariades vós?

