boas rapaces, os instrutores somos Meixome e máis eu, organízao o servizo de normalización lingüistica e a OSL.
podo confirmar e confirmo que hai 50 persoas inscritas e xa ampliamos as prazas dúas veces (inicialmente foron 30). os perfís son moi diversos con preminencia de estudantes de enxeñería informática e filoloxía galega. o fiadeiro consistirá en 2 partes ben definidas, instrución (onde se tratará tódolos temas que un tradutor novel ten que saber) e un evento lúdico (onde traduciremos netbeans e mesturaremos con moitas sorpresas para o persoal, premios e carallada varia). en fin que haber se sae bo produto, desexadenos sorte! :P Saúdos. Leandro Regueiro escribiu: > http://www.codigocero.com/Ampla-participacion-para-as > > A ver se hai sorte e nos aparecen dúas ou tres persoas con interese e > ganas de colaborar. > > Ata logo, > Leandro Regueiro > > >

