Antes de nada moitas grazas a todos, e especialmente a Miguel e Marce pola
charla, teríame gustado moito poder asisitir, xa que vendo a presentación, a
min mesmo  me viría moi ben. Pídovos desculpas pola miña ausencia, é o que
teñen os tendóns de aquiles rotos, quitan moita mobilidade!
Alégrome de que quedárades satisfeitos, xa sabedes que tedes as portas
abertas para calquera outra cousa e estaremos encantados de recbirvos cando
e para o que sexa.
E sobre o tirón de orellas, aceptoo gustoso, eu doulles canto podo pero nin
eu mesmo programei nunca... voume poñer co kturtle ese agora mesmo ;-), xa
che plantexarei as dúbidas logo cando me achegue pola mariña...

O dito, moitas grazas e unha aperta.

Tucho Méndez



2009/5/1 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> > Olá,
> >
> > pois onte foi o día no que Miguel e máis eu lles falamos aos rapaces do
> CPI
> > de Atios, en Valdoviño, acerca do software libre e da tradución deste.
> >
> > A experiencia gustoume, e mando anexo a versión para imprimir da miña
> parte
> > do rollo.
> >
> > Iso si: vou tirarlle das orellas ao mestre: que é iso de que aínda non
> lles
> > deches nada de programación aos cativos? Con kturtle sería doadísimo ;-)
>
> Gústame a presentación. Nunca vira unha presentación en PDF, pero vai
> xenial
> (alomenos no Okular).
>
> Pero teño unhas cousiñas que comentar, todas con respecto da última páxina:
> 1. vos --> vós
> 2. sob --> sobre/baixo
> 3. Non sería mellor unha licenza copyleft para evitar que outras persoas
> usen
> unha licenza máis restrictiva para unha obra derivada? (CC:by-sa?)
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Tucho Méndez
http://sites.google.com/site/sitiotuchomendez/

Responderlle a