> Olá, > > pois onte foi o día no que Miguel e máis eu lles falamos aos rapaces do CPI > de Atios, en Valdoviño, acerca do software libre e da tradución deste. > > A experiencia gustoume, e mando anexo a versión para imprimir da miña parte > do rollo. > > Iso si: vou tirarlle das orellas ao mestre: que é iso de que aínda non lles > deches nada de programación aos cativos? Con kturtle sería doadísimo ;-)
Gústame a presentación. Nunca vira unha presentación en PDF, pero vai xenial (alomenos no Okular). Pero teño unhas cousiñas que comentar, todas con respecto da última páxina: 1. vos --> vós 2. sob --> sobre/baixo 3. Non sería mellor unha licenza copyleft para evitar que outras persoas usen unha licenza máis restrictiva para unha obra derivada? (CC:by-sa?)

