Boas:
Pareceme ben salvo o do vicepresidente, penso que o vicepresidente ha de
ser elixido tamén polo presidente, é coma se Rajoy por ser o segundo
máis votado fose vicepresidente.
A outra opción é eliminalo (como sexa máis cómodo).
En canto a ratificar, si, penso que é bo que se ratifique a directiva.
Miguel Branco escribiu:
Aquí vai a miña última proposta de estatuto para a asociación de Trasno.
Se queredes facer correccións menores, seguirei ocupándome de as facer.
Se non hai consenso, desisto de redactar o estatuto, polo menos, ata
Outubro.
Como opinión, co tema político actual, penso que é necesario aprobar un
estatuto xa, CALQUERA, e fundar Trasno como asociación. Se vemos que non
funciona modificámolo a posteriori.
Modificacións importantes:
1. Directiva: presidente, vicepresi, secretario e tesoureiro. Eliminar
vicepresidente dáme dor de cabeza xq hai q encaixar as cousas á hora de
redactar. Total, é un cargo, IMHO, "figurín". (se alguén se anima a
eliminalo, adiante!)
2. Votacións a presidente e vicepresidente ó estilo Fedora (votación con
rango: ordénanse os candidatos por preferencias do 1 ó 7, 7 = +
preferido, p.ex, sae o que máis puntos teña. O 1º presi, o 2º vicepresi.
Exemplo aquí: http://nigelj.fedorapeople.org/feg/
3. Secretario e tesoureiros elíxeos o presidente, ratifícaos a asemblea
(igual se pode eliminar o da ratificacións, non? dácheme igual, a verdade).
4. Votación electrónica: vótase por correo os cinco días antes da
asemblea, unha persoa encárgase de facer de 'chairman' da votación e
manter o secreto do voto. Se fai pucheirazo, fóra da asociación. Así
pode votar todo o mundo inda que non poidan ir á asemblea.
5 Nas asembleas pódese delegar voto. P.ex. eu pódolle firmar a Marce
unha autorización para que vote por min
6. As decisións ordinarias (drupal ou joomla?, facemos unha reunión en
Vigo ou en Lugo?...) vótanse por internet. Isto reduciría o número de
asembleas extraordinarias que habería que facer, supoño.
Todo o que engadín/modifiquei non o inventei eu: son cousas que se usan
en fedora e KDE ev, e practicamente dun xeito literal. Entendo que
poderiamos funcionar así sen problema.
PD: Recibistes este correo por andar habitualmente/ás veces por Trasno,
e probablemente dúas veces. Síntoo pero a xente parece andar de
vacacións e considero importante o tema. Agradécese que contestedes coa
vosa opinión, a que sexa (p.ex. paso de asociarme, tal punto non me
gusta, ata o 15 estou en Pachá Eivissa). Grazas!.
saúdos!
Miguel Branco