tal e como están agora mesmo redactados:
> poden ser os socios honorarios elixidos como presidentes (ou para outro
> cargo)?
si
> e en caso de empate na votación entre dúas ou máis persoas como se resolve?
Nin se me pasara pensar no empate: en ningún dos estatutos nos que atopei o 
sistema (véxase fedora) se fala da posibilidade do empate.

Maquinando un pouco (non demasiado), penso que como se dan puntuacións 
exhaustivamente (a tódolos candidatos) dun xeito ordinal, a puntuación máxima 
correspóndese ao produto do número de candidatos polo de votantes. Logo, para 
que o sumatorio dese produto por cada candidato fora o mesmo para polo menos 
dous candidatos tería que haber necesariamente tantos votantes coma candidatos 
e votar de xeito que a táboa de puntuacións fora simétrica, co cal o empate 
sería entre tódolos candidatos, e non menos. Engánome???.  Exemplo de empate:

votante/candidato
        z       w       y
a       3       2       1
b       1       3       2
c       2       1       3
        -       -       -
E       6       6       6

Penso que non habería máis posibilidades, é dicir que non sería posible o 
empate entre menos candidatos ca votantes. 

Non son as probabilidades de que se dea moi baixas? Fará falta incluír o caso 
de empate? total a asemblea xeral ten poder de decisión inmediato. senón 
engado un punto vi. e que se decida en asemblea desfacer o empate.

Responderlle a