> tal e como están agora mesmo redactados:
>
>> poden ser os socios honorarios elixidos como presidentes (ou para outro
>> cargo)?
>
> si
Vale, quizais non vos decatarades do feito de que un socio honorario
ten voz pero non voto, e se é presidente tamén ten voto que pode ser
decisivo a veces.
>> e en caso de empate na votación entre dúas ou máis persoas como se resolve?
> Nin se me pasara pensar no empate: en ningún dos estatutos nos que atopei o
> sistema (véxase fedora) se fala da posibilidade do empate.
>
> Maquinando un pouco (non demasiado), penso que como se dan puntuacións
> exhaustivamente (a tódolos candidatos) dun xeito ordinal, a puntuación máxima
> correspóndese ao produto do número de candidatos polo de votantes. Logo, para
> que o sumatorio dese produto por cada candidato fora o mesmo para polo menos
> dous candidatos tería que haber necesariamente tantos votantes coma candidatos
> e votar de xeito que a táboa de puntuacións fora simétrica, co cal o empate
> sería entre tódolos candidatos, e non menos. Engánome???. Exemplo de empate:
>
> votante/candidato
> z w y
> a 3 2 1
> b 1 3 2
> c 2 1 3
> - - -
> E 6 6 6
>
> Penso que non habería máis posibilidades, é dicir que non sería posible o
> empate entre menos candidatos ca votantes.
>
> Non son as probabilidades de que se dea moi baixas? Fará falta incluír o caso
> de empate? total a asemblea xeral ten poder de decisión inmediato. senón
> engado un punto vi. e que se decida en asemblea desfacer o empate.
Home, para min que hai máis posibilidades ca esas poucas, pero se se
pode dar o caso seria mellor especificar un método de desempate, como
outra votación ou algo.
Ata logo,
Leandro Regueiro