Olá,

non, non me pasei ao lado verde, é que este ficheiro contén traducións de 
protectores de pantalla que estou a reutilizar en KDE, tra-la suxestión de 
Yuri Chornoivan (do equipo ucraíno).

Pois resulta que está esta tradución:

Julia => Xulia.

Resulta que moi posibelmente pode ser incorrecto; seríao no caso de referirse 
a certo tipo de figuras fractais. Neste caso ese «Julia» é o apelido dun 
matemático chamado «Gastón Julia», e polo tanto non debería tocárselle o 
apelido (Julia => Julia).

No límite oposto, caso de realizar a tradución, proporía traducir «Benoit 
Mandelbrot» por Bieito Mazapán.

Responderlle a