O Mércores, 12 de Agosto de 2009 19:46:38 Manuel A Vazquez escribiu: > Agora ben, esa tradución data de 2002 e aínda non foi actualizada polo > actual equipo de tradución. Somos poucos e facemos o que podemos... Por > iso, moitas grazas polo aviso. Se atopas máis erros, xa sabes a quen llo > comunicar...
Olá, pois xa está rematado e entregado o kxsconfig. Como me apoiei nunha transliteración desde o portugués + revisión manual, non me foi posíbel saber que cousas viñan do ficheiro de OpenDOZE e cales eran erros do equipo portugués, pero podedes empregar o ficheiro como apoio para unha revisión (coa sincronización primaria de Lokalize). Vémonos