Andamos en que durante o vrán aburrinme do tema, modifiquei no estatuto algo que alguén mo pedira (négome a buscar agora exactamente qué) e en que o final Méixome tiña razón no calendario que propuxera. Dito o cal:
- habendo xa estatuto - procedamos a facer unha asemblea por IRC, p.ex - votamos directiva (teño o método xa maquinado) - reunímonos para a firma etc tódolos que queiramos ir coma socios fundadores, páganse entre todos os 33€ de rexistro (creo!!) e rexístrase aló onde 'tá freijolito -- tomar unhas cañas en Santiagho é unha boa actividade sociocultural para acompañar o trámite burocrático -en tres meses pare a xunta e temos asociación - e durante o preñe podemos ir pensando en web, maquinaria de autobombo (páxina en facebook, tuenti, twitter e mariconadas diversas) e estrutura de captación de xente para a secta... sen mais, pasarei a definitivisima versión do estatuto axiña e/ou en canto mo pida o corpo e/ou insistades

