Jacobo Tarrio wrote:
>  Na páx. 9, cap. 2 art. 6 apd. 3, primeira liña, "contribuían" ->
> contribúan
>

Ok

> 2009/10/16 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com <mailto:mbouz...@gmail.com>>
>
>     Algunhas erratas que creo que habería que corrixir:
>
>     Seguindo o formato en PDF que fixo Felipe
>

Vou aplicar os cambios xa que compilei eu a última versión do .pdf, pero
que quede claro que quen fixo o traballo gordo é Miguel Branco.

>
>     pax. 11 cap.3 art. 13
>     A elección de presidente realízanse conxuntamente .... [realíza(n)se]
>

Ok

>
>     pax. 12 cap.3 art. 13 apd. 5
>     .. segrega ... [secreta/segreda]
>

Ok (secreta)

>     .. na que se obtén vence por ... [?]
>

Tampouco o entendo.... ¿Miguel?

Attachment: estatuto.pdf
Description: Adobe PDF document

\documentclass[a4paper,
        11pt,                   	%
        cleardoublepage=empty,  	% Páxinas baleiras sen número nin cabeceiras
        chapterprefix, 			% A palabra "Capítulo" diante de cada capítulo
	parskip=half-,			% Separación dos parágrafos
        ]{scrbook}              	% Estilo máis configurable que o "book"
\usepackage[utf8x]{inputenc}
\usepackage[galician]{babel}
\usepackage{scrpage2}           	% Paquete que facilita a modificación das cabeceiras
\usepackage{fncychap}	 		% Para o título de capítulo
\usepackage{anysize}			% Para cambiar o tamaño das marxes
\usepackage{titlesec}			% Para cambiar o estilo dos capítulos e dos artigos
\usepackage{times} 			% Outro tipo de letra

\title{Estatutos da Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno}
\author{Proxecto Trasno}
\date{17 de Outubro de 2009}

\marginsize{3cm}{3cm}{2.5cm}{2.5cm}

\begin{document}
\maketitle

%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%
% Cabeceiras das páxinas
%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%
\pagestyle{scrheadings}         	% Cabeceiras personalizadas
\setkomafont{pagehead}{\normalfont\sffamily\bfseries}  
\setkomafont{pagenumber}{\normalfont\rmfamily\slshape}
%\setheadwidth[0pt]{textwithmarginpar}  % Liña da cabeceira con todo o ancho da páxina
%\setfootwidth[0pt]{textwithmarginpar}  %
\setfootwidth[0pt]{head}
\setheadtopline{0pt}    		% Grosor da liña sobre a cabeceira
\setheadsepline{.4pt}   		% Grosor da liña baixo a cabeceira


%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%
%%%% Formatos das cabeceiras do capítulo e dos parágrafos
%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%
\titleformat{\chapter}[hang]{\Large\bf}{Capítulo \thechapter. }{0pt}{}{}
\titlespacing{\chapter}{0pt}{0pt}{0pt}

%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%
% Cabeceira para o parágrafo (Artigo) 
%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%
\titleclass{\artigo}{straight}[\chapter]
\newcounter{artigo}
\renewcommand{\theartigo}{\arabic{artigo}}
\titleformat{\artigo}[runin]{\sc\bf}{\mbox{Artigo \theartigoº\ \ }}{0pt}{}{}
\titlespacing{\artigo}{0mm}{0mm}{0mm}

%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%
% Texto dos estatutos 
%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%

\chapter*{}
Reunidos en asemblea constituinte o día 1 de Novembro de 2009 en Santiago de Compostela os aquí asinantes acordamos fundar a ``Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno'' e rexerse polos presentes estatutos.


\chapter{Da asociación en xeral}

\artigo{}
\begin{enumerate}
 \item Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación ``Asociación Cultural para a Galeguización  de Software Libre Proxecto Trasno''.
 \item A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e  demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
\end{enumerate}

\artigo{}O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Figueroa, Abegondo (A Coruña), rúa de A Plaza, n.º 28 C.P 15318, correo electrónico i...@trasno.net e web www.trasno.net.

\artigo{}A asociación, en función dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

\artigo{}
\begin{enumerate}
 \item A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
 \item A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e no resto do ordenamento xurídico.
\end{enumerate}

\artigo{}Son fins principais da asociación:
\begin{enumerate}
 \item A promoción e difusión do software libre, dos seus valores e da relevancia para o interese xeral da sociedade galega, con énfase na posibilidade de empregalo en galego ou da posibilidade de contribuír a que estea nesta lingua.
 \item A localización de software libre ao galego co fin de que a comunidade galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades e requirimentos lingüísticos e culturais. A localización ao galego de software libre implica a adaptación deste para que estea traducido á lingua galega, dispoña de servizos nesta lingua como axudas e titoriais,  e dispoña de ferramentas de apoio e asistencia, tales como dicionarios e correctores ortográficos. Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa oficial do galego sen prexuízo de se crearen e acolleren distintas versións dos recursos tamén noutras normas lingüísticas alternativas. 
 \item Poñer a disposición libre de todos cantos voluntarios queiran localizar software libre ao galego  ferramentas e material do que se poidan servir para realizar esta tarefa, sempre na medida do que a asociación poida. Igualmente, permitir o acceso a calquera persoa sen restrición nin trabas a todos os recursos xerados pola actividade da asociación e de todos os contribuidores ora por medio dos proxectos de software libre que son localizados ora a través das canles propias da asociación.
 \item Dar apoio e asistencia aos voluntarios e, en xeral, a todas aquelas persoas interesadas, relativa á formación necesaria para poder contribuír á localización de software libre, sempre na medida do que a asociación poida. Isto inclúe a formación e axuda en aspectos tanto informáticos coma filolóxicos. 
 \item Desenvolver software libre especialmente relacionado cos procesos de internacionalización mais tamén específico doutros ámbitos. Isto inclúe deseñar, desenvolver, probar, dar asistencia, promocionar e difundir o seu uso. 
 \item Contribuír ao patrimonio lingüístico e cultural galego avanzando na incorporación do galego ao eido da informática, innovando na adaptación e desenvolvemento de terminoloxía propia para a lingua neste eido e poñendo a disposición pública e libre os resultados destes esforzos.
 \item Representar á comunidade de colaboradores nas actividades promovidas ou participadas pola Asociación.
 \item Colaborar con outras entidades que compartan os seus fins.
\end{enumerate}


Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organizar as seguintes actividades:
\begin{enumerate}
 \item Crear e soster a infraestrutura necesaria para que se realice ou facilite a tarefa de localización de software libre, se dea apoio e asistencia a esta, se posibilite a comunicación entre todos os  asociados e voluntarios e se almacenen e distribúan os recursos xerados derivados da actividade de localización. Isto inclúe, ademais de medios físicos, os servizos a través da Internet como páxinas web, listas de correo, foros, blogs e outros medios similares.
 \item Realizar encontros, xornadas, etc.  para que os asociados e os contribuidores avancen nos obxectivos da asociación.
 \item Realizar actividades para a formación en todos os aspectos implicados na actividade de localización, con énfase na localización ao galego.
 \item Coa finalidade da promoción e difusión do labor da asociación e dos seus valores,  organizar simposios, charlas, campañas e organizar outro tipo de actividades, tanto convocadas pola asociación coma por pedimento de terceiros.
 \item Publicar artigos, libros ou outro material de edición propia relacionados coa finalidade da asociación,  tanto en formato impreso coma dixital. 
 \item Desenvolver software libre, sostelo, liberalo e darlle asistencia aos usuarios. 
 \item Formalizar e executar convenios de colaboración con outras entidades tanto públicas como privadas
 \item Realizar a contratación de servizos profesionais, asesoramento ou comerciais para os fins propios da Asociación.
 \item Expedir certificacións de recoñecemento de méritos dos socios ou colaboracións nas actividades da Asociación.
\end{enumerate}


Os beneficios netos que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destas  finalidades, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo en concepto de beneficios

Neste sentido, distínguese claramente a participación nas actividades como socio dos casos en que se fai en virtude de calquera vínculo contractual coa Asociación. 

No caso de coincidencia nas mesmas persoas ou entidades de ambas condicións suspenderanse automaticamente os seus dereitos como asociado no relativo a esa actividade. Esta salvidade non se lle aplica aos membros da Xunta directiva polo que, en ningún caso, un membro da Xunta Directiva poderá recibir encargos ou realizar actividades remuneradas pola Asociación.


\chapter{Dos asociados}
\artigo{}
Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tras o acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa Asociación e que reúnan calquera ou varios dos seguintes requisitos:
   \begin{enumerate}
    \item Voluntarios que traduzan software libre ao galego ou realicen tarefas necesarias para que outros poidan traducir ao galego.
    \item Voluntarios que acheguen coñecementos técnicos, no eido da informática, da lingüística ou doutros campos que poidan contribuír positivamente ao labor dos tradutores de software.
    \item Voluntarios que axuden no sostemento da infraestrutura da asociación, contribúan á preparación de materiais de axuda de uso de software libre e produtos derivados deste, desenvolvan software libre ou que contribúan positivamente á difusión dos valores que ten e das actividades que realiza a asociación.
    \item Persoas físicas ou xurídicas que contribúan con medios ou financiamento á  asociación.
   \end{enumerate}

Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a solicitude por escrito ou a través de medios dixitais seguros da persoa que desexa ser admitida.

\artigo{}
Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:
\begin{enumerate}
  \item Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
  \item Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
  \item Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ao desenvolvemento dos fins da asociación.
  \item Xuvenís, aquelas persoas menores de 18 que participen na asociación, que estarán integradas na sección xuvenil, no seu caso.
  \item Patrocinadores, aquelas persoas que contribúen materialmente ou con  financiamento á asociación
\end{enumerate}

\artigo{}
A condición de asociado pérdese:
\begin{enumerate}
 \item Por vontade propia.
 \item Por incumprimento das súas obrigas ou pola realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da Asociación, tras un expediente disciplinario, con dereito de réplica do afectado.
 \item Por falta reiterada do pagamento das cotas sen que haxa causa xustificada da imposibilidade de aboamento.
 \item Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
\end{enumerate}
A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados 2.º e 3.º do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria. A expulsión nunca será definitiva e poderase recuperar a condición de asociado cando, a xuízo da Xunta Directiva teñan desaparecido as causas que a motivaron.


\artigo{}
Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
\begin{enumerate}
 \item Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á Asemblea xeral, de acordo cos estatutos.
 \item Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
 \item Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
 \item Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos estatutos.
\end{enumerate}

Os asociados e asociadas patrocinadores e xuvenís están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.

\artigo{}
Son obrigas dos asociados e asociadas:
\begin{enumerate}
 \item Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
 \item Pagar as cotas que se establezan.
 \item Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.
 \item Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e de representación da asociación.
 \item Acatar o contido dos estatutos.
 \item Unha conduta apropiada, respectuosa e facilitadora da convivencia entre os socios e colaborades en calquera dos aspectos da vida asociativa.
\end{enumerate}

\chapter{Dos órganos da asociación}
\artigo{}
A dirección e administración da asociación serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

\artigo{}
O presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.


O presidente terá as seguintes atribucións:
\begin{enumerate}
 \item Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado.
 \item Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva; presidir as sesións da Asemblea Xeral; dirixir as deliberacións dunha e doutra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
 \item Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
 \item Ordenar os pagamentos acordados validamente.
 \item Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
\end{enumerate}

\artigo{}\label{xuntadir}
A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario e un tesoureiro


Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma altruísta e non remunerada, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. 


As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.


A elección de presidente realízase conxuntamente mediante voto electrónico, efectuado tal e como se indica no artigo \ref{votacion}, previo á Asemblea Xeral  na que proceda a súa renovación mediante o proceso establecido a tal efecto. Poden concorrer a calquera destes dous cargos calquera asociado, bardante asociados honorarios,  patrocinadores e xuvenís; que expresen o seu desexo de concorrer con dous meses de antelación á data da asemblea xeral. O presidente da Xunta Directiva será o encargado de anunciar que persoas concorren á elección e farao na páxina web con 45 días de antelación á data da asemblea xeral na que proceda a renovación dos cargos.  Os resultados da elección emitiranse durante asemblea xeral. 


O método de elección de presidente realízase segundo un sistema de elección con preferencia de gañador único con voto secreto que se executa tal como se describe a continuación: 

\begin{enumerate}
 \item Cada votante daralle aos candidatos un valor dentro dunha escala preestablecida, ordinal e exhaustiva, de tal xeito que os ordene de maior a menor preferencia. O votante asigna o maior valor ao candidato polo que teña maior preferencia. 
 \item Os votantes deben de valorar a todos os candidatos que concorren á elección. 
 \item Para obter o resultado da votación realízase a suma das puntuacións de cada candidato.  Un candidato gaña a outro sempre que teña maior puntuación.
 \item O candidato que obteña máis votos é elixido presidente.
 \item Caso de se producir empate entre un ou máis candidatos realizarase durante asemblea unha votación secreta onde cada votante vota por un único candidato e na que se obtén vence por maioría simple. Sempre no caso de que houber oposición a aplicar este método de resolución de empate por máis de 1/5 partes dos reunidos a asemblea xeral pode desestimar este método en favor doutro alternativo, que será proposto, debatido e definido no momento. 
\end{enumerate}
 
Os cargos de vicepresidente, secretario e tesoureiro son nomeados polo presidente durante a asemblea xeral  na que saíu electo de entre todos os socios, agás  asociados honorarios,  patrocinadores e xuvenís. 


A asemblea xeral referendará a directiva xeral, aprobando a nova directiva coa metade dos votos máis un. Se non houbera consenso na primeira votación o novo presidente deberá substituír un dos cargos por outra persoa e así sucesivamente. Se tras tres votación non se producira  a probación da directiva, a asemblea xeral debaterá e aplicará un método alternativo para cubrir os postos de vicepresidente, secretario e tesoureiro.

Os cargos cesarán na súa función por:
\begin{enumerate}
 \item falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
 \item renuncia voluntaria.
 \item transcurso do prazo para o que foron elixidos.
 \item acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
\end{enumerate}


A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ao cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de funcións con entrega de documentación e posta ao día do sucesor.


As vacantes que se puider producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, cubriranse provisionalmente ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En ausencia do presidente o vicepresidente asumirá o cargo temporalmente. En ausencia doutro membro, a directiva xeral decidirá quen ocupa a vacante. 

\artigo{}
A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
\begin{enumerate}
 \item Programar e dirixir as actividades asociativas.
 \item Levar a xestión administrativa e económica da asociación.
 \item Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
 \item Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral.
 \item Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
 \item Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
 \item Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
 \item Resolver sobre as solicitudes de altas e baixas  de novos asociados.
 \item Comprobar e certificar a correspondencia real da identidade dos asociados coas súas sinaturas dixitais.
 \item Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
 \item Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.
 \item Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.
\end{enumerate}

\artigo{}
\begin{enumerate}
 \item A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou pola solicitude de calquera dos seus compoñentes.  
 \item Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa. O secretario ou, na súa falta, o que lle corresponda substituílo, levantará acta das sesións, que se transcribirá ao libro de actas.
\end{enumerate}

\artigo{}
Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias.  Calquera socio poderá formar parte de calquera, incluso todas, as comisións que se establezan sen máis requisito que comunicarllo ao respectivo presidente, quen deberá dar conta do momento en que o socio adquire os dereitos correspondentes como membro da comisión.

\artigo{}
A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por todos os integrantes desta. O presidente e o secretario da Asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva. Cada socio conta con un voto. 

\artigo{}1. 
\begin{enumerate}
 \item As Asembleas Xerais de carácter ordinario celébranse un mínimo de unha vez ao ano e son convocadas polo presidente da Xunta Directiva a través de invitacións a todos os membros da asociación, sen excepción, por correo electrónico con cinco semanas de antelación e cunha axenda preliminar sen prexuízo de poder ser modificada a petición de calquera membro da asociación ata dúas semanas antes da asemblea xeral. A axenda para a asemblea xeral será publicada definitivamente pola Xunta Directiva unha semana antes na páxina de internet da asociación.
 \item A Xunta directiva pode acordar cantas veces queira a celebración de asembleas extraordinarias. Ademais, celebraranse cando un 1/5 dos socios realicen unha solicitude formal por medio escrito ou dixital dirixido ao presidente, autorizado coas sinaturas, físicas ou electrónicas, dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. As asembleas xerais extraordinarias convocaranse con 15 días de antelación polo presidente da Xunta Directiva a través de invitacións persoais a todos os membros da asociación, sen excepción, e publicándoo na páxina web da asociación indicando a orde do día. 
\end{enumerate}


\artigo{}
Calquera socio que non poida participar na Asemblea xeral ordinaria ou extraordinaria pode solicitar que outro socio, que estea fisicamente presente, o represente durante a Asemblea Xeral. O representante dese socio exercerá os dereitos de votos de ambos membros. O representante deberá presentar ao comezo da Asemblea Xeral unha autorización firmada polo socio ao que representa indicando que este dispón da capacidade de o representar a todos os efectos na asemblea xeral.  Ningunha persoa pode representar a máis de dous socios. 


\artigo{}
Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria:
\begin{enumerate}
 \item Aprobar o plan de actividades.
 \item Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
 \item Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio.
 \item Exame e aprobación das cotas.
 \item Ratificar a lista de socios actualizada.
\end{enumerate}

\artigo{}\label{compxeral}
Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
\begin{enumerate}
 \item Modificar os estatutos da Asociación.
 \item Elixir e cesar os integrantes da Xunta Directiva.
 \item Aprobar a federación con outras asociacións.
 \item Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
 \item Acordar a disolución da asociación.
 \item Designar os liquidadores.
 \item Ratificar a expulsión de asociados e asociadas pola  proposta da Xunta Directiva.
 \item Solicitar a declaración de utilidade pública da asociación.
 \item Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación.
 \item As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardar a súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
 \item Todas as non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou á Xunta Directiva.
\end{enumerate}

\artigo{}
A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

\artigo{}
Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos aos apartados do 1.º ao 7.º do artigo \ref{compxeral}º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación, levaranse os acordos ao libro de actas que asinará o presidente e o secretario da Asemblea. A acta deberalle ser entregada aos asociados e lida ao remate da sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes. Poderase pospoñer a aprobación da acta á seguinte asemblea se o presidente, o secretario ou quen os substitúa o solicitaren, pola vontade propia ou por petición dos asociados, e así se decidirá en votación cos votos favorables da metade dos asistente máis un.

\artigo{}
Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a todos os asociados, incluso aos non asistentes.

As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada en caso de que a aprobación desta fora posposta na asemblea  anterior. 
Posteriormente, o secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ao debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

\artigo{}
Contra os acordos que infrinxan estes estatutos ou contradigan os fins da asociación poderase presentar recurso en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para presentar recurso perante a xurisdición ordinaria.

\artigo{}
\begin{enumerate}
 \item O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.
 \item Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, a vacante será cuberta tal é como se establece no artigo \ref{xuntadir} no relativo ás vacantes na Xunta Directiva.
\end{enumerate}

\artigo{}
\begin{enumerate}
 \item O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, daralle cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
 \item O tesoureiro ten a obriga de proceder ao peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro.
\end{enumerate}

\artigo{}\label{votoordinario}
Todas aquelas decisións ordinarias relativas ao funcionamento da asociación que non sexan atribucións propias da asemblea xeral ordinaria ou extraordinaria ou dos cargos da xunta directiva son susceptibles de ser consensuadas en calquera momento  polo conxunto dos socios realizando votacións electrónicas. Así, calquera socio pode iniciar unha votación sobre de decisións ordinarias enviando un correo electrónico ás canles de comunicación da asociación e indicando concretamente que é o que estima necesario votar. Nese momento iniciase un período de discusión  que dura un mínimo de tres días e remata cando a maioría dos participantes activos na discusión decidan que se pode iniciar o voto. O proceso de votación realizarase segundo os procedementos indicados no artigo \ref{votacion}º. O período de votación remata cando votaran a metade dos socios máis un ou transcorridos dez días, momento no que se fai público o resultado da votación.  As votacións de discusións ordinarias resólvense por maioría simple.  Unha vez aprobada unha proposta é de obrigación de quen teña que poñela en práctica aplique o acordado. A directiva xeral en calquera momento pode revogar as decisión así tomada se non cumpre os requirimentos impostos neste artigo ou non respectan outros puntos do estatuto.

\artigo{}\label{votacion}
Os procedementos de votacións electrónica que esixen o artigo \ref{xuntadir}º e \ref{votoordinario}º  realízanse do seguinte xeito: 
\begin{enumerate}
 \item A Xunta Directiva é a responsable de asignar a un ou varios socios a función de administradores da votación que cumprirán a función de executar tecnicamente as elección ou votacións ordinarias mantendo as esixencias de cada proceso. A misión destes administradores inclúe organizar a votación, proceder ao reconto e facer público o resultado. 
 \item Os administradores das votacións non deben nin alterar o proceso de votación por ningún medio nin alterar o resultado. Calquera incumprimento relativo a este punto será obxecto de valoración de expulsión da asociación no xeito e modo que se establece o artigo 8º.
 \item Para o voto electrónico que se realiza durante a elección de presidente que marca o artigo \ref{xuntadir}º, os administradores deben manter tras a publicación dos resultados da eleccións o segredo de voto ao mesmo tempo que permiten que cada votante comprobe que o seu voto foi computado correctamente. Para tal fin, no momento da votación subministraranlle de xeito privado e seguro a cada votante un código co que posteriormente poida identificar o seu voto. Coa finalidade de que se poida comprobar publicamente que o reconto de votos foi realizado correctamente,os administradores deben publicar o reconto debullando as puntuacións voto por voto e identificando cada voto individual só co código segredo que se lle asignou e comunicou previamente a cada votante. 
 \item Para as votacións electrónicas que define o artigo \ref{votoordinario}º os administradores das votacións realizarán o reconto de votos sen necesidade de manter o segredo de voto, agás que durante o período de discusión de cada voto en particular o solicite un mínimo da terceira parte dos participantes activos na discusión. Nese caso os administradores das votacións actuarán do mesmo xeito ca no punto 3.º deste artigo \ref{votacion}º no relativo a manter o segredo de voto. 
\end{enumerate}

\chapter{Réxime económico}
\artigo{}
A asociación no momento de iniciar as súas actividades non dispón de patrimonio ningún. O cerre do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

\artigo{}
A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador do orzamento será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, co fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral ordinaria.

\artigo{}
A asociación sosterase dos seguintes recursos:
\begin{enumerate}
 \item As cotas periódicas dos asociados.
 \item As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
 \item As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
 \item Os ingresos que se poidan producir polo desenvolvemento das actividades da asociación ou pola execución de convenios.
 \item Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
\end{enumerate}

\artigo{}
A Asemblea Xeral ordinaria, tras a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. Os fondos que se obteñan dedicaranse a atenderas necesidades da asociación.

\artigo{}
Anualmente, con referencia ao ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaborarase o balance de tesourería, formalizado nunha memoria que será posta a disposición dos asociados,  nun prazo de cando menos 15 días, previos ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

\artigo{}
Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.

\artigo{}
Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados os recursos económicos obtidos pola asociación. O pagamento de servizos profesionais á Asociación, laborais ou mercantís, rexerase polo réxime legal correspondente.


\chapter{Do regulamento de réxime interno}

\artigo{}
O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non recollidas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, que non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil.


\chapter{Modificación dos estatutos e disolución da asociación}

\artigo{}
Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A solicitude de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

\artigo{}
A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.

\artigo{}
Acordada a disolución, a Asemblea Xeral extraordinaria designará tres socios liquidadores que, xunto co presidente e co tesoureiro, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagamento de débedas, cobramento de créditos e fixación o haber líquido resultante.

\artigo{}
O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doaráselle a outra asociación non lucrativa, inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación ou ben a un proxecto e sostido pola comunidade de software libre, preferente galego
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.

\backmatter

\end{document}

Responderlle a