>>> Copia definitiva dos estatutos (que é a que pasei na charla do irc e xa
>>> semanas antes)
>>>
>>> Se alguén sabe como poñer ben a numeración dos capítulos e eliminar a
>>> páxina sobrante por capítulo, adiante, vai tm anexo en formato .tex
>>> (mirarei isto mañán pola mañá, senón téñoo editado polo método
>>> tradicional). É unha chapuza xa o sei: aínda estou aprendendo LaTeX :)
>>
>> Estiven xogando un pouco co estilo. Se queres úsao como punto de partida
>> para o documento definitivo.
>
> Eu estaba a botarlle un vistazo, pero gústame moito a túa versión... non
> coñecía nin scrbook nin scrpage2. Sempre usei fancyhdr, pero creo que vou
> cambiar. Usar Times tamén é un acerto, dá mellor acabado.
> O único que engadiría sería a opción openany en caso de que se queiran
> eliminar páxinas en branco entre capítulos, pero creo que impreso queda
> mellor tal como o tes ti.

Home, quedar queda ben se é para imprimir. Como copia dixital toca
bastante as narices ver tanta páxina en branco, pero como a idea é
imprimir...

Moitas grazas polo voso traballo.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a