2009/10/21 Enrique Estévez <keko...@gmail.com>

> Boas.
>
> Son Enrique Estévez, máis coñecido por Keko.
>
> Son un dos fundadores de Ousli e ata fai uns meses o secretario de
> dita Asociación (nestes momentos son un simple colaborador de dita
> asociación). Agora estou de coordinador da Oficina de Software Libre
> da USC e veño de unirme a lista de trasno para colaborar con todos.
>
> A maior parte dos que estades aquí xa me coñecedes pero hai outros que
> non, por eso me presento así, tan formalmente, jeje.
>
> De entrada, como xa vos comentou Fran, pomos o proxecto NetBeans baixo
> o paraugas de asociación Trasno. En principio, se ninguén ten
> inconvinte e non se presentan voluntarios, terei que asumir eu a
> coordinación do mesmo xunto con Fran (no tempo que lle quede libre). A
> ver se deixamos preparadas as páxinas do wiki canto antes, e quitamos
> toda a ferralla que hai e explicamos como se pode colaborar co
> proxecto de forma fácil, que a día de hoxe non o é).
>
> A maiores tamén estou levando a tradución do VirtualBox, OmegaT (que a
> teño que actualizar, enviala e tan pronto poida porme coa Web, xa que
> emprego dito programa para a tradución, cuestión de gustos) e fixen a
> primeira tradución do T-cos project (que tamén teño que actualizar e
> revisar o antes posíbel, porque Mario é un bo amigo).
>
> O outro proxecto interesante é centralizar o tema da tradución das
> Creative Commons (xa que a xente case non emprega as cc en galego e
> ten as ligazóns a de castelán), xa que teño contacto directo co que
> leva o tema en España e revisar dita tradución e ter todos os
> ficheiros de man para se as actualizan ou sacan unha nova licenza, que
> o traballo sexa mínimo. O máis dificil xa se fixo.
>
> Estou aquí para botar unha man.
>

Home, xa era hora! :-)
que iso de traballar espallado non é moi bo que digamos, así ademáis
podermos borregarche a gusto cando toque.

Benvido


> Saúdos.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a