O Sábado 24 Outubro 2009 00:34:03 Suso Baleato escribiu: > Miguel Branco escrebeu: > > Ola, > > > > non, penso que non vemos as cousas exactamente igual. > > > > Tes que desculpar pero non me vou rexistrar na rolda de g11n.net. Sigo > > opinando que unha persoa soa non dá xestionado os tres proxectos e > > reitero o que dixen de que deberías considerar abrir a coordinación a > > outras persoas. > > Xa dixen que ía abrir a coordenación a outras personas, e creo ademais que > fun bastante explícito ao respeito. Cada cousa ao seu tempo. > > > E en canto ó resto do que preguntei, que vai dirixidas a ti persoalmente, > > non me respondiches. Quero que me respondas. > > Serei de novo explícito: por favor, non me metades nas pelexas que teñades > os de Trasno coa Ciberirmandade polo "control" dos proxectos que eu > coordeno. Eu non pertenzo a ningún dos dous colectivos, e aceptarei > calquera axuda que poidades ofrecer.
Trasno non ten problema ningún nin a título persoal nin colectivo coa xente de Ciberirmandades. > Polo momento os únicos que o fixeron foron os da Ciberirmandade, e > realmente non entendo por qué dende Trasno estades reaccionando de forma > tan agresiva, cuestionando todo o que propoñen e negándovos en redondo a > participar no que fan, en vez de xuntar esforzos co resto da xente que é a > única resposta razonable. O que estou a facer é preguntar a quen é oficialmente responsable nos proxectos que mencionei acerca deses proxectos. Hai xente en trasno que participa neses proxectos dende hai tempo así que é lóxico que o faga. A título persoal, como non estiven presente no que logo vimos como se lle chamou g11n3 non podo valorar sobre dos motivos que vos, ou quen sexa que estivera nesa reunión, a tomar cada unha das decisións que logo comunicastes. Pero, a xulgar polo que de momento estou vendo os servizos que estivestes activando son pouco menos que unha reduplicación do que había na na comunidade (p.ex o foro) ou innecesario (p.ex. un servidor propio de IRC). Se a pretensión era que a comunidade se sumara a eses servizos, ofrecer os servizos que estimedes e logo pretender que a xente os acepte de facto, non é unha estratexia adecuada. > E por certo que a este respeito o tono > autoritario, imperativo e ameazante dos teus correos sobra: eu non son > ningún subordinado teu, eiquí estamos todos por igual e se queres axudar > adiante, xa sabes que tes abertas as portas das roldas oficiais para > colaborar, igual que o resto da xente. Penso que falei en todo momento con respecto. Fun crítico e taxativo, pero é a miña función a a partir de agora, mediar nos intereses dos asociados de trasno. > > O Venres 23 Outubro 2009 20:38:48 Suso Baleato escribiu: > > > Boas Miguel, > > > > > > Graciñas pola túa mensaxe. As cuestións que teñas referidas a g11n.net > > > debes dirixilas á súa rolda comunitaria eu non son voceiro nin nada > > > polo estilo; confírmoche que xa non dirixo Mancomún (rescindiron o meu > > > contrato) e que a labor de coordenación dos proxectos de localización é > > > algo que fago voluntariamente. En canto á rolda a última vez que mirei > > > había algo máis de trinta personas, que é unha masa crítica máis que > > > suficiente, non sei moi ben qué importancia pode ter ese número. > > > > > > Polo momento dou feito co traballo de coordenación, e realmente non hai > > > tanto que fazer; mais como xa dixen no inicio deste mesmo fío, a porta > > > está aberta para quen queira entrar: de feito gustaríame que houbera > > > máis xente disposta a asumir tarefas de coordenación mais polo momento > > > ninguén se ofreceu voluntario; espero, polo que dis, que sí haxa quen > > > esté disposto a asumir esas tarefas no seu momento. > > > > > > Polo demais vexo que vemos as cousas igual, así que reitéroche o > > > agradecemento pola mensaxe e convídote -en igualdade de condicións que > > > todos os demais- a participar nas roldas oficiais dos correspondentes > > > proxectos. > > > > > > Saúdos, > > > > > > Miguel Branco escrebeu: > > > > Olá Suso, > > > > > > > > Como presidente en funcións da Asociación Proxecto Trasno, pídenme e > > > > entendo necesario pedir aclaracións sobre de varias cuestións. A > > > > priori, que conste que atinan nas respostas Fran e Leandro: a miña > > > > opinión vai no mesmo sentido. > > > > > > > > Primeiro, preocúpanos o futuro estado das tradicións dos proxectos > > > > que coordinas (GNOME, OOo e Mozilla). Consideramos que son obxectivos > > > > de l10n prioritarios. Todos eles son dunha envergadura magna e > > > > pensamos que fai falta un número substancial de persoas para mantelas > > > > completas e con traducións de calidade. De feito, seguimos sen > > > > coñecer exactamente cantas persoas asistiron a ese teórico g11n3 e > > > > polo tanto o número de persoas que traballa xa nas listas de > > > > g11n.net. Porén, en trasno xa contamos cun número significativo de > > > > xente adicada dende hai tempo á localización e xente que traballou e > > > > traballa nestes mesmos proxectos, ademais de algún voluntario máis > > > > que de cando en cando se suma ó proxecto. Neste momento creo que é > > > > necesario que recorde de que no seu momento dirixiches un proxecto > > > > gobernamental para mante-las traducións etc, pero agora non, es un > > > > voluntario máis (e do cal me alegro). Daquela insistías en que se > > > > deberían devolve-los proxectos á comunidade e que a comunidade > > > > debería estar preparada para acolle-los proxectos e poder mantelos. > > > > Naquel momento démosche a razón, e neste momento sigo pensando o > > > > mesmo. Pero é máis, estendo este razoamento e aplícollo a calquera > > > > voluntario. Se non é posible que un dea mantido un proxecto debería > > > > ceder abandonar o proxecto en favor que quen o poida manter. Por iso > > > > é vital que nos informes da capacidade real túa, ou da denominada > > > > plataforma g11n, para poder soster estes proxectos. Unha persoa non > > > > abonda. Porque, entenderás que non é sensato que alguén siga a ser > > > > coordinador dun proxecto cando a súa participación nel se limite a > > > > funcións unicamente administrativas. > > > > > > > > Segundo, entendemos que non só é positivo senón de obrigación > > > > traballar nas listas e servizos que cada proxecto i18n-ado estableza > > > > para a localización propia. Neste sentido agradecería que cumpriras > > > > co da apertura da rolda para GNOME no proxecto. Eu persoalmente > > > > considero unha desviación do proceso de localización centralizar cada > > > > proxecto recurso fóra do upstream. Outra cousa diferente son canles > > > > de comunicación propias para que os voluntarios se comuniquen sobre > > > > doutros temas non pertinentes á localización concreta dun proxecto, > > > > como é a lista de trasno dende hai xa 10 anos, p.ex. > > > > > > > > Terceiro, consideramos importante mante-las traducións en tódalas > > > > versións e igualmente, consideramos importante seguir mantendo os > > > > consensos relativos a terminoloxía e incluídos nas guías de estilo, > > > > especialmente a de mancomún. Por iso debo de preguntar cales son as > > > > túas posturas nisto e que se vaia aplicar en GNOME, Mozilla e OOo?, e > > > > a que se deben preguntas como esta? > > > > > > > > > Message: 1 > > > > > Date: Wed, 21 Oct 2009 11:26:27 +0200 > > > > > From: Suso Baleato <[email protected]> > > > > > To: Traducion ao galego de Mozilla <[email protected]> > > > > > Subject: Re: [Galician] IMPORTANTE: pendente en Mozilla e > > > > > OpenOffice.org > > > > > Message-ID: <20091021092627.GA8680@localhost> > > > > > Content-Type: text/plain; charset=utf-8 > > > > > > > > > > Javi, cando poidas indícame o último changeset do tb30x; faime > > > > > chegar tamén a memoria de tradución asociada para probar o proceso > > > > > de validación previo ao opt-in. > > > > > > > > apréciese o de "proceso de validación" > > > > > > > > e finalmente, observamos por parte túa un ton autoritario e un abuso > > > > de posición nos proxectos que asumiches sendo un cargo na Xunta de > > > > Galicia. Dende logo non invita á se involucrar nos proxectos que > > > > xestionas, nin a avanzar na coordinación de tódolos voluntarios da > > > > l10n ó galego. > > > > > > > > > A porta queda aberta dende > > > > > este mesmo momento, e a meritocracia será a chave que poida > > > > > abrila, como en calquera outro proxecto de código aberto. Neste > > > > > sentido, as queixas e lamentos irán directamente a /dev/null a > > > > > igual que as acusacións, difamacións e demais lixo da que teño > > > > > constancia de estar sendo obxecto. > > > > > > > > Se te refires explicitamente ás "difamacións" que dis que recibes, os > > > > aludidos poderán defenderse. Senón este tipo de comentarios son > > > > gratuítos, groseiros e nada positivos para a labor que realizamos... > > > > que é poñe-los cóbados traducindo e non darlle á leria. > > > > > > > > Atentamente, > > > > > > > > Miguel Branco

