-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Ola,

>   Debemos
>   ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é 
>   asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso 
>   significa sacrificar algunha release intermedia.

Non estou de acordo con sacrificar release intermedias, se se asume unha
responsabilidade de integración dentro do proxecto, sexa ven por
coordinación, tradución, revisión ou calquera outra tarefa afín, débese
respectar a responsabilidade e informar debidamente a cada grupo. Noutro
caso esa responsabilidade non se está a asumir o que impide o traballo
do grupo.

>   
> Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada 
> proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que
> estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do
> proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de comunicación
> colectivas.

Non vexo problema de "ensuciar" as canles de comunicación, simplemente
se informa aos correos interesados.
> 
> Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de
> coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos
> proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén-
> igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme nada
> alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se asumín 
> esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e dispoñendo 
> de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis se ofreceu
> a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a meritocracia 
> será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto de código
> aberto.

Que eu saiba non houbo ningún proceso electivo e vale que no seu momento
 non houbo propostas pero tamén teño que recordar que no traballo diario
dun grupo que, de forma voluntaria maioritariamente, traballa no
open-source as decisións unilaterais non teñen cabida.

Saúdos.


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrhvcMACgkQmLtmJqKk+bjz/wCdGrOoH9/6oIOtUpicDnzcJMG3
/MEAn1TAu8xMGvXnljvPXFTv497U0Gf7
=fEK1
-----END PGP SIGNATURE-----

Responderlle a