Ola: Primeiro de todo, eu, como todos nesta rolda, non quero lios, eu coma todos quero software en galego, e creo que o que fixen nestes días é facer todo o posible por sacar adiante uns produtos, informando das situacións actuais de cada un deles.
Permitídeme reenviar e responder aquí só, exclusivamente a esta rolda, onde me sinto máis a gusto, e paso de responder ao coordinador do proxecto, ao cal lle teño dada toda a información necesaria e máis, e do cal non obtiven unha soa resposta verificable sobre o traballo de localización/coordinación dos proxectos Ahh.. non acostumo a escribir este tipo de correos tan grandes, pero víame na necesidade. -> 2009/10/23 Suso Baleato <[email protected]> > > A ver.. se o conto é que teñamos os produtos de Mozilla en galego.. > > O que quero dicir é que a partir de agora o meu traballo nestes > proxectos, > > evidentemente será como colaborador voluntario, aparte de que Mancomún > siga > > ou non colaborando segundo os casos e para o cumprimento dos obxectivos > > previstos. Até o de agora foi como traballador do CESGA para Mancomún. > > > Estupendo saber que tí continuarás como voluntario. Unha mágoa que nos > confirmes que o CESGA queda desvencellado da tradución de Mozilla, aínda > que > xa supoño que non pilla por sorpresa a ninguén, vistos os acontecementos > era > algo de esperar. > Creo que quedou moi claro pola miña información, que o CESGA/Mancomún pode seguir e igual segue vinculado neses proxectos. O poñía moi claro no meu mail anterior, quen se desvinculaba era eu, só eu. > O que comento da chave é que se nun futuro eu fago envío aos > repositorios, > > sairá a miña conta do CESGA, e que eu preferiría que saira esta conta > > persoal, pero iso implicaría un tempo (cambio da chave SSH, etc..) de > espera > > que nestes momentos non creo que sexa conveniente. > > > > Compre usar as contas correctas nos servizos apropriados. De feito foi esa > unha das cousas que ocuparon o meu tempo nestes días. Mirarei ese tema e > xa te aviso, aínda que entendo que coincido en que non ten presa. > Eu teño unha chave SSH coa que poder facer envíos das traducións.. e como podedes ver, http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/log/ http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.2/gl/log desde hai máis de 6 meses son o único facendo as traducións destes produtos. Entendo polo correo de suso, que non quere que siga enviándoas con esa chave.. Non seguirei enviándoas. Sobre este tema, teredes máis novas en breve. > Apúntome mirar o tema do hg e das roldas que comentas. > > > > > > > O correo que tes que enviar ao grupo dev@l10n de mozilla para facer o > OPT-IN > > para o thunderbird 3, é o seguinte: > > Galician (gl) wants to opt-in with changeset: > > > http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/rev/bd79312d75c1 > > > > Esa é a última ligazón do repositorio de Mozilla > > > > En realidade esto xa o falei co responsabel do Thunderbird, e o problema do > opt-in está resolto dende onte, podes despreocuparte diso. Como xa dixen > nun > correo anterior, farei o opt-in unha vez valide a tradución que é o que me > toca facer. Non se trata dun problema de confianza senón de facer viabel o > procedemento. > O tema do Opt-in eu non o vexo resolto do xeito habitual, coa mensaxe no fío correspondente: http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/d41badeca8af6cce?lnk=raot#d41badeca8af6cce Igual o falou persoalmente co desenvolvedor do proxecto.. non o sei.. pero desde logo usando as canles de comunicación que viñemos usando nos últimos meses, non.. non me parece este tema. Igualmente os bugs aos que facía mención seguen abertos: http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl Eu xa me ofrecín a colaborar con Suso, mais non teño resposta del a esas cuestións Os bugs son a groso modo e de explicación: -Main.lang é un ficheiro básico para as webs de mozilla. Actualmente nos faltan sete cadeas por traducir nese ficheiro para que a web do firefox seguinte se vexa en galego.. non sei ata que punto é crítico este ficheiro e se pode bloquear unha release. -Os outros dous bugs, son para que se traduzan as páxinas web de Thunderbird 3 e Fennec. Eu aí non podo facer nada xa que o único que ten acceso aos repositorios das páxinas web é Suso. E por último. as traducións continúan acumulando cadeas.. en moi poucos días creo que fechaba o prazo do firefox 3.6. . e agora mesmo temos cadeas sen traducir.. o que implica que non sairía en galego http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl Pois iso, para que quede constancia. Saúdos Javier Rial

