2009/10/27 Miguel Bouzada <[email protected]>: > Correo enviado a: > > * AGNIX: Asociación de usuarios de GNIX > * AULUSC: Asociación de usuarios de Linux da Universidade de Santiago > de Compostela. > * GALITE Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía de Foz > * GALPON: Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra > * GHANDALF: GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss > * GLUG: Grupo de Usuarios de Linux de Galicia > * GPUL: Grupo de Programadores y Usuarios de Linux > * GULO: Grupo de Usuarios de Linux de Ourense > * INESTABLE: Grupo de Usuarios de Linux de Ordes > * LUCUX: Asociación de usuarios de Software Libre de Lugo > * MELISA: Asociación de Software Libre de Melide > * OUSLI: Asociación de usuarios de Software Libre de Ourense > * PROXECTO TRASNO: Asociación Cultural para a Galeguización de Software > Libre Proxecto Trasno > * Lista guls mancomun > > Despois da xuntanza do pasado sabado en Santiago, a que acudiron > representantes de: > Galite > Galpon > Ghandalf > GLUG > Inestable > Trasno > e excusaron a súa non asistencia por problemas de última hora > AGNIX > OUSLI > > Froito desa xuntanza foi o encargo que me fixeron de enviar a todos os guls > unha nota recordatorio do proceso que estamos tentando per en marcha. > > Xa sei que algúns indicaron expresamente a súa intención de materse ao marxe > deste proceso. Pregolles que non teñan a mal este correo, ou que pensen que > queremos acosar e/ou presionar, nada máis lonxe da nosa intención. > A razón última deste envío e que de algúns grupos non recebimos resposta > ningunha, nin nun senso nin noutro, polo que pensamos na posibilidade de que > alguén quedara no esquecemento. Por iso, aqueles que, despois de informar da > sua intención de non participar, non mudaran de intención, que esquezan este > correo e acepten as nosas desculpas. > Do resto, os que non recibiran antes nota algunha, se o teñen a ben poden > comunicarnos a súa intención de formar parte ou de non formar parte neste > proceso. Se nun tempo prudencial non recibimos resposta algunha entenderemos > que (alo menos polo de agora) non desexan tomar parte neste proceso. Só > recordarlles que se nalgún momento desexan incorporarse, serán todos ben > recibidos. > > Dos que xa temos resposta favorable ao proceso, informarlles de que este é > un bo momento se desexan mudar os datos do representante do seu grupo ante > este grupo de traballo. > > Así mesmo, procedemos a manter a lista do grupo de traballo fornecida por > GALPon como de escritura restrinxida aos representantes dos grupos, que > forman parte deste grupo de traballo. Decidíuse que esta lista fose de > pública lectura, polo que estamos a proceder a artellar os medios para que > así sexa (probablemente mañan xa esté visible). > > Para mudar datos enviade unha nota a miña conta persoal <[email protected]> > co asunto [federacion] (así cos corcgetes) e os que desexen apuntarse ao > grupo dos que ainda non o fixeron, pregamos unha nota na rolda de guls > <[email protected]>, pero que os datos referentes a conta de correo (así > como o nome do representante) sexan enviados a miña conta persoal para poder > proceder a dar a alta a ese usuario como editor nesa lista. > > NOTA IMPORTANTE: > Non temos localizado o correo de AUSLAE, se alguén nolo poidera faríanos un > gran favor. > Se hai algún grupo do que non temos noticia, e polo tanto non está neste > listado, por favor avisadenos para que poidamos invitalos a este proceso.
Dixéronme que o enderezo é [email protected]

