Correo enviado a:

     * AGNIX: Asociación de usuarios de GNIX
     * AULUSC: Asociación de usuarios de Linux da Universidade de Santiago
de Compostela.
     * GALITE Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía de Foz
     * GALPON: Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
     * GHANDALF: GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss
     * GLUG: Grupo de Usuarios de Linux de Galicia
     * GPUL: Grupo de Programadores y Usuarios de Linux
     * GULO: Grupo de Usuarios de Linux de Ourense
     * INESTABLE: Grupo de Usuarios de Linux de Ordes
     * LUCUX: Asociación de usuarios de Software Libre de Lugo
     * MELISA: Asociación de Software Libre de Melide
     * OUSLI: Asociación de usuarios de Software Libre de Ourense
     * PROXECTO TRASNO: Asociación Cultural para a Galeguización de Software
Libre Proxecto Trasno
     * Lista guls mancomun

Despois da xuntanza do pasado sabado en Santiago, a que acudiron
representantes de:
    Galite
    Galpon
    Ghandalf
    GLUG
    Inestable
    Trasno
e excusaron a súa non asistencia por problemas de última hora
    AGNIX
    OUSLI

Froito desa xuntanza foi o encargo que me fixeron de enviar a todos os guls
unha nota recordatorio do proceso que estamos tentando per en marcha.

Xa sei que algúns indicaron expresamente a súa intención de materse ao marxe
deste proceso. Pregolles que non teñan a mal este correo, ou que pensen que
queremos acosar e/ou presionar, nada máis lonxe da nosa intención.
A razón última deste envío e que de algúns grupos non recebimos resposta
ningunha, nin nun senso nin noutro, polo que pensamos na posibilidade de que
alguén quedara no esquecemento. Por iso, aqueles que, despois de informar da
sua intención de non participar, non mudaran de intención, que esquezan este
correo e acepten as nosas desculpas.
Do resto, os que non recibiran antes nota algunha, se o teñen a ben poden
comunicarnos a súa intención de formar parte ou de non formar parte neste
proceso. Se nun tempo prudencial non recibimos resposta algunha entenderemos
que (alo menos polo de agora) non desexan tomar parte neste proceso. Só
recordarlles que se nalgún momento desexan incorporarse, serán todos ben
recibidos.

Dos que xa temos resposta favorable ao proceso, informarlles de que este é
un bo momento se desexan mudar os datos do representante do seu grupo ante
este grupo de traballo.

Así mesmo, procedemos a manter a lista do grupo de traballo fornecida por
GALPon como de escritura restrinxida aos representantes dos grupos, que
forman parte deste grupo de traballo. Decidíuse que esta lista fose de
pública lectura, polo que estamos a proceder a artellar os medios para que
así sexa (probablemente mañan xa esté visible).

Para mudar datos enviade unha nota a miña conta persoal <mbouz...@gmail.com>
co asunto [federacion] (así cos corcgetes) e os que desexen apuntarse ao
grupo dos que ainda non o fixeron, pregamos unha nota na rolda de guls <
g...@mancomun.org>, pero que os datos referentes a conta de correo (así como
o nome do representante) sexan enviados a miña conta persoal para poder
proceder a dar a alta a ese usuario como editor nesa lista.

NOTA IMPORTANTE:
Non temos localizado o correo de AUSLAE, se alguén nolo poidera faríanos un
gran favor.ç
Se hai algún grupo do que non temos noticia, e polo tanto non está neste
listado, por favor avisadenos para que poidamos invitalos a este proceso.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a