Olá, a ver, veño de facenda, de ver como pedir o CIF e máis o do iva.
Hai que facer dous trámites: presentar o modelo 036 e segundo se teña un CIF provisional ou definitivo, pedir a exención do iva. O modelo 036 xunto cunha copia dos estatutos, o certificado do rexistro de asociacións, fotocopia do DNI do representante legal e non sei se algo máis hai que presentalo na delegación de facenda que lle corresponda a Abegondo, que debe ser a de Betanzos, e se non é esta será a de A Coruña. O formulario do modelo 036 pode ou mercarse na propria delegación ou obterse como pdf de internet (http://www.aeat.es/Lenguas_Cooficiales/Gallego/Contenidos_Comunes/La_Agencia_Tributaria/Modelos_y_formularios/Declaraciones/Modelos_01_al_99/036/mod036_gl.pdf) A putada destes ficheiros é que non logro nin editalos mediante Okular nin gardar o formulario unha vez cuberto: hai que cubrilo e imprimilo no momento. @Miguel: porei a traballar o escáner pola tarde, para enviarche copia do que teño feito, que agás erros ou omisión debera ser correcto. Se o imprimes con boa calidade, podería valer, senón deberías cubrir un modelo 036 ti cos datos consignados no que che irei enviar. Segundo me contaron na delegación de facenda de Foz, o CIF (provisional) darancho no momento, pero non saben se por Betanzos o fan así ou tarda máis. Unha vez co CIF na mao, hai que pedir a solicitude de exención do IVE. Para isto hai que presentar unha instancia/solicitude xunto coa documentación nela indicada: SOLICITUDE DE EXENCIÓN DO IVE D. Miguel Blanco Vázquez, con DNI _________ e domicilio en __________, da localidade de ____, en calidade de Presidente da entidade Asociación Cultural para a Galeguización do Software Libre Proxecto Trasno, con CIF _________, domiciliada en Rúa A Plaza, Figueroa, n.º 28, CP 15318 de Abegondo (A Coruña), mediante este escrito solicito a EXENCIÓN DO IVA da entidade á que represento e para tal efecto anexo a seguinte documentación: ORIXINAIS E FOTOCOPIAS PARA A SÚA COMPULSA E ENTREGA DE: -Certificado do Secretario acreditativo de que a entidade é unha asociación sen ánimo de lubro e que se ampara nos artigos 20.1 e 12º da Lei do IVA, -Acta fundacional da asociación, -Acta de elección da Xunta Directiva, -Estatutos legalizados da entidade, -Resolución do órgano competente para a legalización dos estatutos, -Fotocopia da tarxeta Código de Identificación Fiscal (CIF) da asociación, -Fotocopia dos DNI do Presidente e do Secretario da entidade. En _______ a __ de __ de dous mil nove. Á ADMINISTRACIÓN DA AXENCIA ESTATAL TRIBUTARIA DE BETANZOS (ou da Coruña, segundo corresponda) (esta frase no fondal da páxina) @Leandro: que te habías librar, si, xa ora!!!. Tócache facer esta certificación (decerto que has ter xa algún formato preparado): CERTIFICACIÓN / SOLICITUDE EXENCIÓN IVA ENTIDADES NON DESPORTIVAS Leandro Detal Edetal, con NIF _________ e domicilio en ___________, da localidade de ____, en calidade de Secretario da entidade Asociación Cultural para a Galeguización do Software Libre Proxecto Trasno, con CIF ________, domiciliada en Rúa A Plaza, blablabla vid supra de Abegondo (A Coruña), CERTIFICO Que a entidade Asociación Cultural para a Galeguización do Software Libre Proxecto Trasno é unha asociación sen ánimo de lucro e que se ampara nos artigos 20.1 e 12º da Lei do IVA. Que expido este certificado os efectos de SOLICITUDE DE EXENCIÓN DO IVA ante a Administración en Betanzos/A Coruña da Axencia Tributaria. E para que constte e xurda os efectos oportunos, asino a presente en _____, a %dia% de %mes% de dous mil nove. Á ADMINISTRACIÓN DA AXENCIA ESTATAL TRIBUTARIA DE BETANZOS (idem que no caso anterior, e tamén no final da páxina) Entón, que o que hai que facer é iso, cubrir o modelo 036, o certificado e a solicitude e ir a facenda con toda a leria que pon na solicitude. Os de facenda (polo menos en Foz), atenden con educación. Debido á distancia a Betanzos, é mellor que vos encarguedes Leandro e Miguel do tema. Tamén de cara o futuro, penso que sería recomendábel que un membro da directiva (o tesoureiro a ser posíbel) for da área da Coruña, aínda que cunha sinatura dixital da FNMT arranxaremos moitos problemas. Agora paso a informarme do plano de contas a empregar e demais cousas referentes a plano xeral contábel.
<<attachment: File0105.jpg>>
<<attachment: File0098.jpg>>
<<attachment: File0099.jpg>>
<<attachment: File0100.jpg>>
<<attachment: File0101.jpg>>
<<attachment: File0102.jpg>>
<<attachment: File0103.jpg>>
<<attachment: File0104.jpg>>

