>> Estás no certo, só co acrobat profesional podes gardar os formularios eses. >> Outra maneira sería cubrilo e imprimilo cuberto en pdf.. pero non sei si >> garda os campos do formulario correctamente.
Non, co Adobe Acrobat 9 Pro Extended _nestes formularios da aeat_ que levan código de barras identificativo os campos dos formularios pérdense ao gardalos. Tampouco se poden imprimir nun ficheiro PDF, ou polo menos o Distiller non o permite facer. Pode porén imprimirse sobre papel. Supoño que é un mecanismo para garantir que non se presenten dúas declaracións co mesmo código e diferentes contidos: sería como ter un mesmo DNI dúas persoas, un problemón.

