> Penso que é horas de ir pensando en detalle o que queremos botar a andar. > Así que imos identificar o que se quere facer de inmediato. Isto é, nos > próximos 3-4 meses e repartir o mando entre todos. > > Para min o primeiro e poñer unha nova web funcionando e renovar o contido das > axudas. Igualmente, poñer a funcionar ese servidor, non é?.
O servidor é prioritario. Houbo varias propostas de ofrecemento de hardware e non se concretou ningunha. Tamén hai varias propostas para situar os servidores e aínda non resolvemos nada sobre o tema este. > 1. Que considerades necesario ter xa agora? Un openTran ou corpus para consultar as traducións realizadas. Un servidor de consulta de terminoloxía temporal que permita consultar os TBX de http://ghicho.iespana.es/ (podemos reaproveitar parte do traballo que fixen para consulta en local) e despois montar un sistema de xestión e consulta de terminoloxía que nos dure varios anos (o Glósima), un sistema de novas, un sistema para levar conta de onde está traducindo cada tradutor (sistema de asignacións, etc para mover os escasos recursos humanos a onde fagan falta), rolda de correo (con arquivo público), MOI IMPORTANTE actualizar as axudas para novos tradutores e incorporar novos formatos que faciliten a aprendizaxe, resolver dunha vez por todas o tema da guía de estilo (hai varias e ningunha me parece definitiva de todo!!)... > 2. En que podedes axudar? (sede realistas) Ando moi escaso de tempo. Estou intentando axudar (pouco) en Glósima. Hai bastante tempo intentei mirar de montar un servidor de openTran sen éxito, pero a última vez que falei con Jacek Śliwerski creo que me comentara algo sobre axudarnos a montalo, sigo enviando propostas de mellora para o openTran... Ata logo, Leandro Regueiro

