Pois aí vai unha demo de joomla!
Dicir que no joomla temos por unha banda os usuarios que se identifican na portada, esta ten o seu propio panel de control e logo está o panel de control de administración.

Para acceder ao sitio de probas:
http://www.dani.gl/joomla/
Coa configuración actual, se vos rexistrades aquí teredes permiso de redactor máis non permite o acceso ao panel de administración.

Para acceder ao panel de administración:
http://www.dani.gl/joomla/administrator/
usuario: demo
clave: demo

Abur


Antón Méixome escribiu:
Pareceume mellor idea a de Dani

Aquí tedes un spip a pelo nese momento

http://www.certima.net/spip/


A subscrición é automática. Solicitádela e chégavos por correo a chave

Voulle meter un pouco de estilo




2009/10/29 damufo <dam...@gmail.com>:
Boas

José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
2009/10/29, Antón Méixome <cert...@certima.net>:
2009/10/29 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>:
Boas,

o certo é que esperaba evitar ter que escribir a conto deste tema,
jeje. Vou ser breve, que pouca cousa teño que dicir:

- En principio, dáme un pouco igual que CMS empregar. Pero si que vexo
que o wiki actual quédase un pouco escaso. Por outra parte, o wiki
valeríame perfectamente, pero igual daba moito traballo poñelo nun
formato "máis dinámico" (que a portada se mova máis, engadir noticias,
etc, etc.

- Peeero (sempre hai un pero), se se quere probar o sistema este
Glósima, pode que sexa conveniente montar a web arredor del (soa algo
pretencioso, e non queria que soase así). Evitaría ter que dar de alta
usuarios en dous (ou máis) sitios, p.ex. Ademais, dou fe do que di
Antón: este choio ten plugins para facer unha chea de cousas. Mal será
que atopemos algo que non se poida facer, vaia.

Poderíase facer unha "ffase de proba" con spip, a ver que tal parece.
Afacerse ao funcionamento do spip pode levar un tempo, pero tampouco é
para tanto. Igual Antón nos permite facer probas en certima.net ...?
hemm, pois si non hai problema en facer unha maqueta pero non teño
interese ningún en aloxar o web de Trasno. Simplemente mentres non se
decide o aloxamento dos servizos.

Eu nin me refería a iso. Simplemente, que aos que queiran probar spip
lles fagas unha conta alí e poidan probar a publicar unha nova en
portada, e cousas así. E se alguén ten algunha idea de cousas que
deberá ter a web de trasno, probar a instalar algún plugin... vaia, o
que se chama "facer probas".

Iso é un pouco arriscado, case sería mellor instalar unha versión de probas.


--
Sobre a elección do CMS, eu penso que habería que comezar por definir un
pouco que é o que queremos, vaia os requerimentos, estes tamén axudan a
elixir o CMS.

Tamén podo instalar unha versión demo de joomla! no "meu" aloxamento para
que quen queira acceda ao panel de control, probe... e que xulgue por si
mesmo o que lle parece máis doado e intuitivo. ;-)




Quero lembrar que, en conexión con isto, está a o tema do GTT de
Ubuntu e o LoCo (despois de falalo na lista de tradutores do GTT,
aposto por cousas distintas e que deben ter webs distintos).
Concretando:

Trasno+Glosima+(Proxectos: GTT, KDE, ...) -> probar con SPIP
LoCo -> Drupal+wiki

Alguén terá que ir tomando ordenando as decisións, ou como se fai?

Despois: se se quixer desenvolver algo en spip, a cousa é algo
complicada, máis que nada porque estes franchutes son _moi_
franchutes, e a documentación está en gabacho :( . Pero penso que,
sendo realistas, non debería haber necesidade de chegar a desenvolver
nada (realmente non o sei. Pero pódense ir facendo probas se tal...
Despois, se vemos que queda curto, pois falamos outra vez...).

Neste caso Antón é o "grande experto". Se tendes dúbidas, ou pensades
que imos necesitar algo, ou hai algunha característica que pensedes
que a web deba ter, comentádello a el, que el saberá como se pode
facer, ou se non se pode facer, ou o que sexa. Se spip ten todo o que
vaiamos necesitar, eu votaría por darlle unha proba.


2009/10/29, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola
miña
experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en
Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de
comunicación
e
o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo.

Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un
sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre
Non poñas o carro antes dos bois, que igual ao desenvolvedor lle da
un
ataque por meterlle tanta présa.

terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que
o
primeiro usario sería Trasno.
A miña idea era que participara xente interesada de todas partes, e
non só a comunidade de localización de SL ao galego.
Unha cousa non quita a outra Leandro
Son consciente.

A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo
independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de
administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha
oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode
facerse
co sistema en 20 minutos.
Heiii!! Ti dixérasnos que era para escribir menos código!
Enganáchesnos! :) Eu non descarto reescribir todo dende cero cando a
cousa estea rematada...
E farás moi ben e incluso farías mellor se puideses programar un
wrapper para que o sistema de terminoloxía fose compatíbel con
calquera dos CMS que estamos a falar.
:) Durante os próximos anos igual teño tempo...

Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos
Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado
Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado
Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións
personalizadas
Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno
integrado
Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con
estatísticas
ou o que se nos ocorra > sen problema

Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un
grupo
galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes
e
asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen
os
sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de
Educación por el). Creo que é un argumento para considerar.

Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario.
Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación,
case
7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque
o
fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel,
pensado
para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor.
Creo
que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e
para
os demais sería moi práctico.

Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas,
claro,
moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base
social
e
de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito
educativo
e
asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo
francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis
coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A
información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca
que
spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un
sitio
con spip aquí

http://www.spip-herbier.net/

Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a
instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se
pode
facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos
coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática.

http://plugins.spip.net/

En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un
plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai
pouco
avogacia.org:


http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures

A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e
aberta,
incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á
defensa
tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella
escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a
comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa
riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero
tamén
o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique,
moitas iniciativas municipais, ...

http://www.spip-contrib.net/

Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con
varios
sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É
superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip
que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos
en
todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio
dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita
tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada
ano
e medio aproximadamente e listo).

Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do
que
se queira facer más hai que romper a cachola.

P.S.
Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda
opción
sería Drupal
Que ninguén mo tome a mal, pero xa descubrimos aos talibáns do
Drupal,
Joomla e Spip, algún outro?
Talibán non creo, pero entendo que a spip hai que "explicalo" máis
que
a outros, precisamente por non estar favorecido polo dominio
anglosaxón.
Non o dicia como insulto. Que ninguén mo tome a mal, por favor.

Agora en serio, Antón pediume o voto para Spip, pero sinceramente
non
sei cales son as diferencias entre uns e outros e o meu voto sería
un
voto sen razoamento ningún detrás.
Si que cho pido, máis que o "voto" a túa opinión como desenvolvedor
sobre spip, aínda que estiveses máis ben pelexando coa BD que co CMS.
Por que? porque así o pedía antes Marce neste fío tamén.
Tamén cho pido porque como Castroagudín o outro desenvolvedor, está
enfermo non sei se estará para intervir. Nin sei o que opinará, claro,
porque el ten pelexado coas tripas do cms.

A min, váleme ao final calquera, repito. Só que podería dar máis apoio
en spip. Iso si.
Igual que outra xente poderá dar máis apoio nos outros CMS. Eu a
verdade é que non sei case nada do tema. Seguramente usei todos eses
como usuario, o Drupal polo menos, e básicamente podo dicirvos que non
diferencio uns dos outros, así que insisto en que a miña opinión non
tería base ningunha.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

--
Saúde,

Chaves - http://chav.es


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.


Responderlle a