Boas rapaces.

O primeiro as presentacións, chámome Iván Penido, son membro do GLUG e
colaboro en algunhas iniciativas galegas relacionadas cos ordenadores como a
kutruparty (http://www.kutruparty.net/) Alguns de vos como Fran Dieguez ou
Miguel Bouzada xa me coñecedes, os demais, espero que me dedes a
oportunidade de darme a coñecer.

Creo que facedes un bo traballo, e gustaríame colaborar, botando unha man.
Seguramente non sexa o mais indicado para adicarme os traballos de
traducción e corrección (as linguas non eran o meu no instituto) pero se
cadra podo ser útil facendo traballos de administración, ou indo a por cafes
:-)

Saudos.

Responderlle a