Benvido meu!
A min tampouco se me dan ben as linguas (son máis de "mates") mais aquí ando.

Iván Penido escribiu:
Boas rapaces.

O primeiro as presentacións, chámome Iván Penido, son membro do GLUG e colaboro en algunhas iniciativas galegas relacionadas cos ordenadores como a kutruparty (http://www.kutruparty.net/) Alguns de vos como Fran Dieguez ou Miguel Bouzada xa me coñecedes, os demais, espero que me dedes a oportunidade de darme a coñecer.

Creo que facedes un bo traballo, e gustaríame colaborar, botando unha man. Seguramente non sexa o mais indicado para adicarme os traballos de traducción e corrección (as linguas non eran o meu no instituto) pero se cadra podo ser útil facendo traballos de administración, ou indo a por cafes :-)

Saudos.

Responderlle a