Ola, Vou por partes, en canto a Trasno. estamos aínda realizando os trámites de asociación así que a nivel orgánico realmente non podemos funcionar como tal. Inda que si como colectivo podemos expresar o noso apoio á continuidade da oficina. O problema non só afecta á oficina da UDC senón a da UDV e USC, non é?. Así que o fagamos nun sitio terá que ser simétrico co que se faga nos outros; así que, gustaríame saber se alguén máis se está movendo nas outras universidades.
Con todo, penso que esta é unha boa ocasión para estrear o sistema de voto que vai nos nosos novos estatutos :) . Logo, persoalmente apoio totalmente que se faga presión na UDC para que asuman o financiamento da oficina. Se no GPUL ou outras asociacións da UDC se moven e me axudan, estou disposto a pedir unha reunión co reitorado para interceder pola oficina ou o que vexades conveniente. Obviamente, representarei a trasno como presidente en funcións ou non dependendo do que decidamos por votación. Saúdos, Miguel Branco

